Publicación das Obras Completas de Vidal Bolaño

Edicións Positivas vén de publicar o primeiro volume das Obras Completas de Vidal Bolaño que constarán de cinco máis. O seu director, Francisco Macías, coméntanos algúns aspectos do seu proceso de edición.
Francisco Macías
Francisco Macías

Segundo informa Francisco Macías, os seis volumes das Obras Completas de Roberto Vidal Bolaño, excederán en total as dúas mil páxinas, e irán saíndo á rúa nas vindeiras datas cun prezo aproximado de trinta euros cada exemplar.

Trátase dunha edición crítica ou completa?
É unha edición completa. Despois da publicación de Obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, de Xosé Manuel Fernández Castro, un libro de referencia para nós, consideramos que o que cumpría era editar a obra enteira de Roberto, e non repetir o xa feito no libro de Fernández Castro.

Como foi o proceso de edición, resultoulle difícil recadar toda a obra producida por Vidal Bolaño?
Foi fácil; o que non tiñamos nosoutros tíñano Xosé Manuel Fernández Castro, Belén Quintáns ou Carlos Gey. Nesta edición incluímos todas as pezas teatrais, guións audiovisuias, colaboracións en prensa, conferencias... todo aquilo que escribiu ou falou (conferencias) referido ao teatro ou ao audiovisual.

Que valor ten para vostede a obra de Vidal Bolaño na conformación do teatro galego contemporáneo?
Coincidimos na consideración unánime de valoralo como o gran dramaturgo da historia do teatro galego, e como un dos grandes escritores da literatura galega. A obra literaria de Roberto Vidal Bolaño é dunha valía que transcende o ámbito dramático. Estas Obras Completas son tamén un acto de reivindicación de Vidal Bolaño como escritor e como literato. É un dos grandes escritores da historia da literatura galega, autor dunha obra de gran complexidade estilística e temática.

Que actualidade conserva a súa obra no momento presente?
Impresiona saber, ao lelo, que algúns dos seus textos foron escritos hai xa moitos anos. Abonda con lembrar o asombroso Agasallo de sombras para decatármonos do que estamos a dicir. Despois de anos de silencio é agora cando por fin se recollen as redes que el lanzara no mar rosaliano.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 21 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Mércores 22 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Xoves 23 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Sábado 2 de decembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Marina Mayoral como académica de honra da RAG

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar