Paco Martín responde ao Cuestionario Vidal Bolaño

O escritor Paco Martín (Lugo, 1940) é autor de máis de trinta libros, algúns dos cales mereceron distincións como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, o Losada Diéguez, o Barco de Vapor e o IBBY HONOUR LIST. A continuación, transcribimos as súas respostas ao Cuestionario Vidal Bolaño.
O escritor Paco Martín
O escritor Paco Martín

Que características definen, ao teu parecer, a obra de Vidal Bolaño?
A procura, moitas veces lograda, de achegar a Galiza, e dende o galego, un teatro moderno, de estrutura actual, sempre sen perder contacto coa –escasa- tradición. Un teatro máis ao día que, sen renunciar á visión culta desa arte, puidese espertar a imaxinación do espectador fóra da súa actitude diante do espectáculo e facendo por introducilo na realidade cultural, social e mesmo política do país, en bastantes ocasións cun intelixente uso de textos literarios, propios e alleos.

Que importancia tivo a súa figura –como autor, director e actor- na constitución do teatro galego moderno?
Eu diría que capital. A súa decisión de rachar de vez coas vellas estruturas dun teatro levado con admirable boa vontade por persoas entregadas ao que non daba pasado de ser unha sacrificada afección e facer oficio diso foi, sen dúbida, a fiestra aberta pola que entrou outro xeito de entender o teatro, dignificando o espectáculo e, moi principalmente, a aqueles que o fan.

Que vixencia conserva a súa obra no contexto actual?
Aquela que se lle saiba aproveitar. Co bo teatro –como é o de Roberto Vidal- sempre existe a posibilidade de axeitalo a diferentes momentos históricos sen que perda vixencia e mesmo, con oficio e imaxinación, mandalo unha miga máis adiante que sempre haberá quen o reciba.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 21 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Mércores 22 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Xoves 23 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Sábado 2 de decembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Marina Mayoral como académica de honra da RAG

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar