No principio foi o verso

Este é o título da exposición que se exhibe desde o pasado 15 de maio na Fundación Barrié de Vigo ao redor da figura de Rosalía de Castro.
Cadro de Rosalía de Máximo Ramos
Retrato de Rosalía por Máximo Ramos cedido pola Academia para a exposición


A mostra, organizada pola Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo co patrocinio da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a Fundación Barrié de la Maza, conmemora os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o libro de Rosalía de Castro fundacional da literatura galega moderna.

O comisario da exposición, Xosé Barro, estruturou os materiais reunidos sobre oito eixos temáticos que van pasando revista a aspectos como a estadía da parella Castro-Murguía en Vigo; as súas actividades conxuntas co grupo dos irmáns Chao e Juan Compañel; a importancia de Vigo como centro editorial do Rexurdimento galego; o valor literario dos Cantares e o contexto histórico da súa publicación, así como o proceso de mitificación da súa autora.

Para ilustrar todos estes aspectos, a exposición dispón dunha selección de obxectos de distinto tipo, época e procedencia; desde testemuñas gráficas como manuscritos, xornais, cartas e fotografías, ata obxectos persoais, mobles, obras de arte e producións de son e audiovisuais que, feitas por artistas de onte e de hoxe, achegan unha completa ollada sobre o universo rosalián, e confirman, ademais, a permanencia e vitalidade do seu legado.

A exposición estará aberta ao público ata o vindeiro 15 de agosto no numero 31 da rúa Policarpo Sanz de Vigo.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar