A RAG recibe a visita de Manuel Losa

A Real Academia Galega recibiu a visita de Manuel Losa Rocha (Santiago de Compostela, 1940), unha das personalidades destacadas na difusión da cultura galega en Uruguai, a onde emigrou coa súa familia en 1953. O presidente da institución, Víctor F. Freixanes, foi o encargado de darlle a benvida ao escritor, que rexenta en Montevideo unha libraría cun espazo reservado para os clásicos e as novidades das letras galegas.

Manuel Rocha, Elsa Duarte e Víctor F. Freixanes no despacho da presidencia da RAG. Fonte: RAG


Manuel Rocha presenta estes días en Galicia o seu último libro, De Compostela y el Camino de Santiago, publicado no selo Mar Maior, creado por Galaxia para proxectar a cultura galega a outras linguas e sociedades. O autor, acompañado da súa dona, Elsa Duarte, dedicou á RAG un exemplar da obra que xa forma parte da biblioteca da institución.

Socio fundador do Padroado da Cultura Galega, Manuel Rocha foi integrante consello directivo da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai e do Centro Galego de Montevideo, o máis antigo do mundo en activo, sobre o que está a escribir a súa historia. Como escritor, publicou, ademais do novo título que presenta, Relato dun emigrante: de Santiago de Compostela a Montevideo, O vendedor de libros e Don Xesús Canabal Fuentes. Fillo predilecto do Pino.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar