Finou a escritora Begoña Caamaño

A Academia expresa o seu pesar polo pasamento da escritora viguesa Begoña Caamaño, autora das novelas Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle.
Begoña Caamaño
Begoña Caamaño (Editorial Galaxia).


Xornalista de profesión, Begoña Caamaño (1964-2014), desenvolveu a maior parte do seu labor periodístico na Radio Galega en programas especializados no seguimento da actualidade cultural do noso país, como o "Diario cultural" ou "Andando a terra".

Como escritora, o seu debut literario produciuse no ano 2009 coa obra Circe ou o pracer do azul, á que lle seguiría Morgana en Esmelle no 2012, ambas as dúas publicadas por Galaxia. Nas súas novelas, Begoña Caamaño propón unha revisión en clave feminista de dous dos grandes ciclos do canon literario occidental -o homérico e o artúrico- que lle habían merecer un amplo recoñecemento de público e crítica, coa concesión dos premios Ánxel Casal, AELG, da Crítica e Lousada Diéguez.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar