'Frouseira triste Frouseira' de Fanny Garrido

Nesta composición, con acompañamento musical a cargo de Marcial del Adalid, Fanny Garrido desenvolve o tema da caída do Mariscal Pardo de Cela.
Escenografía de Camilo Díaz Baliño para a representación de O Mariscal
Escenografía de Camilo Díaz Baliño para a representación d´O Mariscal de Cabanillas e Vilar Ponte


O apresamento e posterior execución do Mariscal Pardo de Cela o 3 de outubro de 1483 a mans dos Reis Católicos marca, para a historiografía galega, o comezo da decadencia e perda de autonomía política do antigo Reino de Galicia. Este feito histórico pasou de contado a formar parte do repertorio dos trobadores e dos cantares de cego, como ben recolle Fanny Garrido neste poema que fai referencia no seu título ao derradeiro acubillo do Mariscal, o castelo da Frouxeira, en Foz.

A partitura deste poema pódese descargar aquí.

Frouseira, triste Frouseira

Na gran sala do castelo
Moita xente d´arredor
Ascoitando con silencio
Un queixosos trovador
¡Ay!, de min!

Fortemente o ferro empuña
O fidalgo con rencor
Xunta as más a nobre dona
Lastimada de dolor
E pintado está nos rostros
O misterio e o terror
Qu´e moy negra a quela estoria
Que cantando está o cantor,
¡Ay, de min!

Frouseira, triste Frouseira
¿Dónde o teu poder ficou?
¿Dónde os muros afroxaron
Qu´atrevida man fundou?
¡Ay, de min!
¿Qué fixeches da grandeza
Qu´o teu recinto gardou?
¿Qué fixeches d´o moy nobre
Pero Pardo meu señor?
"A traiçon que me vendeu
A traiçon que m´entregou
D´o soberbio Pero Pardo
A cabeza cercenou
¡Ay, de min!.

Maldito sea d´o ceo
Quen non sinta o meu furor
Quen non xure a túa venganza
Quen non busque o vil traidor
¡Ay, de min!

D´un castelo a outro castelo
D´un señor a outro señor
Vai cantando aquestos feitos
Afrixido trovador
A Frouseira quedou irma
C´ó cantor ninguen xurou
Qu´é moy alta aquela Reina
Qu´ó de Cela castigou.
¡Ay, de min!


Tirado do libro Marcial del Adalid: mélodies pour chant et piano: cantares viejos y nuevos de Galicia, de Margarita Soto Viso (A Coruña, 1985).

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar