Achega fílmica de Margarita Ledo ao 'Proxecto Nimbos'

Proxecto Nimbos é unha iniciativa promovida polo grupo Acto de primavera que ten como obxectivo incitar a creación audiovisual arredor dos textos de Díaz Castro.
Fotograma de Noite do mundo
Fotograma de Noite do mundo.


Como xa temos comentado anteriormente, o colectivo Acto de primavera, formado por Xurxo González, Martin Pawley e José Manuel Sande, naceu para defender "as expresións fílmicas máis creativas –aquelas que fan avanzar a historia do cine". Neste sentido, as oito pezas audiovisuais do Proxecto Nimbos publicadas ata o de agora caracterízanse todas elas pola súa aposta pola experimentación e o rexeitamento das formas narrativas máis convencionais.

A proposta da arquiveira-bibliotecaria da Academia, Margarita Ledo Andión, axústase a esta declaración de principios formais, e consiste nunha peza audiovisual de pouco máis de catro minutos de duración inspirada no poema "Noite do mundo" que se pode visualizar nesta ligazón.

Noite do mundo
Noite do mundo, oco
de estrela arrincada,
onde teimo verte
de repente arder
sobre a miña vida
cuase consumida
na ourela da nada!

Ai ter teu alento
no meu rosto ó fin,
i eu diantos teus ollos
derrubarme en lus,
esvaerme no aire
que ti vas beber,
ser teu rastro, ser
teu eco perdido
e, cuase, non ser.

Nimbos (Galaxia, 1961).

O resto de pezas publicadas pódense visualizar aquí.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar