Sobre a Biblioteca da Real Academia Galega

FONDOS

Monografías do século XIX pon a dispor dos usuarios, de xeito aberto e gratuíto, cerca de oitocentas copias dixitais de monografías dos nosos fondos editadas no século XIX e referidas a Galicia polo seu autor, temática ou lugar de impresión.

Con máis de cento vinte mil páxinas accesibles en liña, a Real Academia Galega achega, deste xeito, unha ferramenta fundamental para o estudo da nosa historia e a nosa cultura ao longo do século que inaugura a idade contemporánea.

Real Academia Galega Ministerio de Cultura

© 2012 Real Academia Galega