Irmandades da fala

As Irmandades da Fala nos fondos da Academia


A Real Academia Galega abre este novo espazo web co gallo do centenario das Irmandades da Fala, fundadas o 18 de maio de 1916 no local que tiña daquela esta institución na rúa Rego de Auga da Coruña. Ao longo do ano, irá amosando publicacións e documentos relacionados con este movemento, fundamental na defensa da lingua galega, conservados na Academia.


VILLAR PONTE, Antón.
Nacionalismo gallego. Nuestra "afirmación" regional.
A Coruña, 1916.
O 21 de marzo de 1916 saíu do prelo a primeira edición de Nacionalismo gallego. Nuestra ‘afirmación regional'. Antón Villar Ponte defendía neste folleto o uso do galego en todos os contextos e indicaba que urxía fomentar o desenvolvemento da "Liga de Amigos del Idioma". Escribiuse "por razones de propaganda" en castelán.
Descargar PDF


VAAMONDE, Florencio.
Con data do 16 de maio de 1916, Florencio Vaamonde escribiulle a Antón Villar Ponte unha carta para agradecerlle o envío dun exemplar de Nuestra afirmación regional e comentarlle o seu parecer sobre o contido da obra. A carta consérvase no Arquivo da Academia.
Descargar PDF


Irmandades da Fala da Coruña.
Regramento das "Irmandades da Fala". Irmandade da Cruña.
A Coruña, 1918.
A Irmandade de Amigos da Fala da Coruña, a primeiras das Irmandades da Fala que se constituíu, publicou o seu regulamento en 1918 nesta edición saída da imprenta La Papelera Gallega.
Descargar PDF


PORTEIRO GAREA, Lois.
Discurso do Dr. Porteiro ô fundarse a Hirmandá en Santiago.
A Coruña, 191?.
O 28 de maio de 1916 Lois Porteiro Garea pronunciou este discurso na xuntanza fundacional da Irmandade da Fala compostelá. A conferencia foi editada por primeira vez na Tipografía Galaica de Santiago. Este exemplar inclúe na portada unha dedicatoria do propio autor a Villar Ponte.
Descargar PDF


PORTEIRO GAREA, Lois.
A los gallegos emigrados.
A Coruña, 1918.
As Irmandades da Fala procuraron novos apoios ás súas reivindicacións entre "os americanos". Así eran coñecidos os emigrantes galegos da época, aos que Luís Porteiro Garea se dirixe neste folleto.
Descargar PDF


Axenda de actos Ver todos
Martes 13 de decembro de 2016 / 19:30 h
Vigo: 'Unha nova poética anovadora' no ciclo das Irmandades da Fala
Martes 20 de decembro de 2016 / 19:30 h
Peche do ciclo das Irmandades con 'Novos vieiros para a narrativa'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 375

Boletín da Real Academia Galega
nº 375

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar