Novas na categoría novidades.

A toponimia, incluída na 'Lei para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial'

28/05/15 | A Lei, publicada no Boletín Oficial do Estado do pasado 27 de maio, ten entre os seus obxectivos incluír os bens culturais inmateriais na noción de patrimonio cultural para garantir, deste xeito, a súa protección.

Trinta anos de Ramón Lamote

25/05/15 | No artigo da Tribuna desta semana, a académica Fina Casalderrey evoca a publicación en 1984 do libro Das cousas de Ramón Lamote, do escritor lugués Paco Martín, nado en Lugo en 1940.

Xesús Alonso Montero inaugura a 'Tribuna'

7/05/15 |
Con esta nova sección, os membros de número, correspondentes e de honra da Academia poderán achegarnos a súa ollada sobre asuntos de interese da actualidade cultural galega ou da súa especialidade.

Xabier Quiroga e Gonzalo Hermo, Premios da Crítica española 2014

20/04/15 | Foron premiados na categoría de Narrativa por Zapatillas rotas e na de Poesía por Celebración respectivamente.

Salvador García-Bodaño, Medalla de Ouro e Fillo Adoptivo de Santiago de Compostela

7/01/15 | O pasado 26 de decembro, a Corporación Municipal de Santiago de Compostela acordou, por unanimidade, concederlle a Medalla de Ouro da cidade e o título de Fillo Adoptivo da mesma ao autor de Tempo de Compostela.

'Judas Goat', unha serie en liña de vampiros con subtítulos en galego

17/12/14 | A produtora executiva desta serie, Dhaunae de Vir, infórmanos nesta entrevista sobre o seu proceso de toma de contacto coa lingua e cultura galegas, así como sobre outros aspectos relacionados co seu labor como escritora e produtora de filmes e videoxogos.

Entrevista a Xesús Ron, membro de Chévere

28/11/14 |
Segundo Xesús Ron, a concesión do Premio Nacional de Teatro por parte do Ministerio de Educación e Cultura supón un recoñecemento ao teatro feito en galego e en Galicia.

O Grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014

27/11/14 | O grupo radicado en Teo convértese, deste xeito, na primeira compañía galega recoñecida con este galardón concedido anualmente polo Ministerio de Educación e Cultura.

A Academia celebrará en febreiro un Pleno Extraordinario en Ponteceso

24/11/14 |
Deste xeito, a Academia renderalle homenaxe a Eduardo Pondal na súa vila natal no quincuaxésimo aniversario do Día das Letras dedicado á súa figura, en 1965.

Gabriel Rei-Doval, 'Este foro supón un recoñecemento definitivo á relevancia internacional da lingua galega',

20/11/14 | Gabriel Rei-Doval, Profesor Titular de Lingüística Luso-Hispánica na Universidade de Wisconsin-Milwaukee (EEUU), é un dos promotores da creación do Foro de Lingua, Literatura e Cultura Galega da MLA. Nesta entrevista ofrécenos a súa valoración deste feito crucial na proxección exterior da nosa cultura.

Novas na categoría novidades.

Non hai resultados.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 22 de febreiro de 2017 / 19:30 h
Homenaxe literaria e musical a Rosalía de Castro

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar