Novas na categoría efemérides.

Día Internacional dos Arquivos 2015

5/06/15 | O vindeiro día 9 de xuño conmemórase a creación do Consello Internacional de Arquivos (ICA) pola UNESCO en 1948. Un ano máis, a Real Academia Galega súmase á celebración desta efeméride.

O Puzo do Lago e o Puzo do Barco

15/04/15 | O 14 de abril de 1949 finaba na Coruña o xornalista, poeta e lexicógrafo ribeirao, Eladio Rodríguez González, membro fundador e presidente da Real Academia Galega.

A Academia Gallega e José Ruiz y Blasco, pai de Pablo Picasso

25/02/15 | A celebración do 120 aniversario da primeira exposición de Pablo Picasso na cidade da Coruña é unha boa ocasión para evocar o estreito vínculo entre José Ruiz y Blasco, pai do pintor malagueño, e o proxecto de creación dunha “Academia Gallega”, que non chegou a realizarse por falta de acordo entre os socios.

Jose Leite de Vasconcelos na Coruña

23/02/15 | A primeiros de setembro de 1902, o eminente filólogo e arqueólogo portugués Jose Leite de Vasconcellos (1858-1941) visitaba a Coruña onde foi recibido e homenaxeado polos membros da Cova Céltica.

Quen foi Margot Sponer

6/02/15 |
A filóloga alemá Margot Sponer (1898-1945) foi, probablemente, a autora da primeira tese de doutoramento sobre a lingua galega e vítima do réxime nazi.

O Día das Letras Galegas a Castelao na prensa da época

30/01/15 |
Cincuenta un anos despois do Día das Letras Galegas dedicado a Castelao en 1964, a Academia publica un dossier de prensa no que recolle a repercusión nos medios daquela celebración.

Lembranza de Aureliano J. Pereira

22/01/15 |
No 160º aniversario do seu nacemento, evocamos a figura do escritor, xornalista e político lugués Aureliano J. Pereira (1855-1906), unha figura a medio camiño entre o Rexionalismo e o Federalismo.

Unha carta de Xosé María Álvarez Blázquez a Bouza Brey

19/01/15 | No centenario do seu nacemento, publicamos unha carta de Xosé María Álvarez Blázquez a Fermín Bouza Brey conservada no Arquivo da Academia.

Manifesto do Consello de Galiza de xaneiro de 1970

5/12/14 |
No setenta aniversario da súa fundación en Montevideo, o 15 de novembro de 1944, exhumamos un manifesto do Consello de Galiza publicado en xaneiro de 1970.

Cincuentenario do pasamento de Benjamín López, por Xoán Babarro

18/11/14 | Entre o oito e o quince deste mes de novembro o Concello de Boal tributoulle unha homenaxe a Benjamín López, cunha exposición e unha serie de actos de carácter literario e artístico, con motivo do cincuentenario do seu falecemento.

Novas na categoría efemérides.

Non hai resultados.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 24 de xullo de 2017 / 11:00 h
Clausura dos XXX Cursos de lingua e cultura galegas en Santiago

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar