Contido con Actualidade Novas.

As novas incorporacións á Academia

30/07/17 |
Chus Pato lerá o seu discurso de ingreso como membro de número o 23 de setembro en Ourense. Ao seu nomeamento súmanse o recoñecemento de Marina Mayoral como académica de honra e a incorporación de sete persoas como correspondentes, cinco delas tamén mulleres

"Participar nos Cursos de lingua e cultura galegas cambiou a miña vida"

28/07/17 |
Os Cursos Galego sen fronteiras fan tres décadas dándolle vida ao galego por todo o mundo. Recollemos catro testemuños que son boa mostra de como axudan a proxectar a nosa lingua, e tamén de como marcan a traxectoria, vital e profesional, de quen pasan por eles

Recordando a poeta das Mariñas

27/07/17 |
O camposanto de Moruxo, onde foi enterrada en 1926, acolleu este 26 de xullo un acto en lembranza de Filomena Dato Muruais. A escritora foi académica correspondente desde a fundación da institución

Víctor F. Freixanes escribe o Bando do Día de Galicia de Vigo

27/07/17 |
O presidente da Academia exerceu como pregoeiro na celebración que tivo lugar o día 26 de xullo nos xardíns do Pazo Museo Quiñones de León. Lembrou as catro décadas vencellado a esta "cidade de encontros"

Carlos Casares xa ten o seu libro dos Bolechas

26/07/17 |
O volume adapta para o público máis novo "A rapaza do circo", un dos contos de 'Vento ferido'. É o terceiro da colección "As miñas primeiras Letras Galegas" da popular familia, que xa lles dedicou outros a Eduardo Pondal e Curros Enríquez

“O futuro da lingua constrúese todos os días, tamén convosco”

24/07/17 |
Os Cursos Galego sen fronteiras despiden a trixésima promoción poñendo o acento na contribución á internacionalización do alumnado. Takekazu Asaka, alumno da terceira edición e hoxe embaixador da cultura galega en Xapón, presentou o concerto de repertorio galego a cargo de dúas compatriotas

A Academia lamenta o pasamento de Nicandro Ares Vázquez

23/07/17 |
O investigador, académico correspondente desde 2006, foi un autor esencial no relanzamento dos estudos de onomástica galega malia desenvolver o seu labor en solitario

Un pozo de luz para a decana dos poetas no seu aniversario

21/07/17 |
Os versos de Luz Pozo Garza, "poeta do amor con maiúsculas", brillaron na celebración musical e literaria dos seus 95 anos, que ateigou o salón de actos da RAG. A poeta ingresou na institución como correspondente en 1950 e é numeraria desde 1996

Un concerto conmemorativo poralle o ramo o vindeiro luns aos XXX Cursos de lingua e cultura galegas

21/07/17 |
A soprano e a pianista xaponesas Miho Haga e Yukiko Yamagami actuarán na cerimonia de clausura, que terá lugar no Paraninfo da USC o luns 24 de xullo

"O galego permítenos estar no mundo e noutras linguas"

20/07/17 |
Rosalía Fernández Rial fálalle ao alumnado dos Cursos Galego sen fronteiras de como o noso idioma axuda a entender e aprender outros. “Para garantir a supervivencia das linguas minoritarias hai que defendelas desde o plurilingüismo e desde unha actitude positiva”, sostén

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar