Contido con Actualidade Novas.

A académica de honra Nélida Piñón visita a RAG

5/10/16 |
A escritora brasileira de orixe galega foi recibida na rúa Tabernas, 11 pola comisión executiva. No encontro abordouse a posibilidade de establecer colaboracións futuras entre a RAG e a Academia Brasileira de Letras

Viveiro acolle este sábado unha mesa sobre Antón Villar Ponte, Florencio Vaamonde e Xohán Vicente Viqueira

4/10/16 |
O ciclo sobre as Irmandades da Fala chega á localidade do intelectual que concibiu a súa creación. Outros dous viveirenses, Carlos Nuevo Cal e Emilio Ínsua, compartirán debate con Antón Costa e Isabel Seoane

Monforte recorda a Manuel María e a súa "nave espacial" Xistral

1/10/16 |
A pegada do protagonista do Día das Letras Galegas 2016 na localidade, a través dos seus versos, a amizade, a colección Val de Lemos ou a libraría que abriu con Saleta Goy, marcou a homenaxe ao "poeta do encontro"

A Academia edita a primeira serie de antoloxías dedicada ás Irmandades da Fala

29/09/16 |
A prosa de non ficción e o teatro, dous xéneros gañados para o galego polo movemento nado en 1916, abren a colección baixo a edición de Henrique Monteagudo e Laura Tato Fontaíña

Monforte acolle unha homenaxe a Manuel María este sábado, 1 de outubro

28/09/16 |
A Real Academia Galega e o Concello de Monforte organizan un acto literario e musical dedicado ao poeta, que viviu nesta vila durante décadas. Académicos, veciñanza e amizades do poeta participarán no programa, aberto ao público

As Irmandades e a renovación teatral, a debate en Pontevedra

27/09/16 |
O ciclo sobre o movemento centenario chega ao Museo de Pontevedra con Euloxio R. Ruibal, Laura Tato Fontaíña, Carlos Caetano Biscainho e Inma López Silva. A mesa celébrase este xoves, 29 de setembro, a partir das 19.30 horas no Edificio Sexto, onde aínda se pode ver a exposición sobre as Irmandades

Unha cátedra arredor de Galicia feita ás dúas beiras do océano

26/09/16 |
A RAG acolle a presentación a este lado do Atlántico da Cátedra Galicia-América da Universidad Nacional de San Martín (Arxentina). O académico Manuel Rivas é un dos impulsores deste novo espazo das relacións culturais coa emigración como "célula nai"

Visitas guiadas á exposición do centenario das Irmandades da Fala

22/09/16 |
O Museo de Pontevedra ofrece estes percorridos os mércores e os venres ás 18 horas. Para participar non é preciso inscribirse previamente. A mostra permanecerá en Pontevedra ata o vindeiro 2 de outubro

A RAG recibe un grupo de estudantes do instituto Santiago Apóstolo de Buenos Aires

21/09/16 |
Os mozos e mozas puideron coñecer hoxe a historia da Real Academia durante unha visita á sede da institución. O alumnado do centro bonaerense foi recibido na rúa Tabernas, 11 polo presidente da RAG e o secretario

Os Premios da Cultura Galega distinguen a Queizán, Zernova, Sarabela Teatro e a Irmandade Xurídica

20/09/16 | Son recoñecidos nas modalidades de Letras, Artes escénicas, Proxección exterior e Lingua, respectivamente. O Museo de Pontevedra, Miguel Fernández-Cid, Numax e Maximino Zumalave completan a relación de galardoados

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar