Contido con Actualidade Novas.

O Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo premia a Henrique Monteagudo

18/11/16 |
O secretario da RAG recibe o galardón Rosa dos Ventos do centro porteño en recoñecemento ao seu compromiso coa cultura galega e a realidade da Galicia emigrante. A distinción concédea por votación o alumnado de quinto de bacharelato

Tres días para profundar no Manuel María máis polifacético

17/11/16 |
O martes 22 de novembro a RAG inicia o simposio dedicado ao protagonista do Día das Letras Galegas de 2016. O programa abrangue as múltiples facetas do escritor: desde o cultivo dos distintos xéneros literarios ata o activismo cultural e o compromiso político, sempre co eixe común da defensa da lingua

O Dicionario estrea hoxe melloras para un uso máis personalizado e interactivo

16/11/16 |
A colaboración entre a Academia e a Fundación Barrié segue a avanzar na actualización desta ferramenta imprescindible da lingua galega, que recibe unha media de 1.050.000 buscas ao mes. A nova interface facilita a comunicación co Seminario de Lexicografía para aclarar dúbidas e mellorar definicións

O premio Ramón Piñeiro Facer País recoñece os camiños abertos por Margarita Ledo

14/11/16 |
A asociación cultural Val de Láncara entregoulle o galardón á académica e arquiveira-bibliotecaria o pasado sábado en Carracedo. No acto destacouse o carácter pioneiro da xornalista, a primeira directora dun periódico galego

Unha mirada ás Irmandades desde Lugo

11/11/16 |
A RAG celebrou unha nova mesa de debate sobre o traballo dos 'irmáns' na que se repasou a importancia da I Asemblea Nacionalista e o moderno pensamento económico do vilalbés Peña Novo. O programa tamén profundou en Risco e Cabanillas

Un facsímile de 'Queixumes dos pinos' para celebrar o seu 130 aniversario

10/11/16 |
La Voz de Galicia presenta na rúa Tabernas unha edición facsimilar elaborada a partir do exemplar de 1886 que Eduardo Pondal lle dedicou a Emilia Pardo Bazán, conservado na biblioteca da Academia

A RAG acolle a presentación de ‘Historia da Literatura Galega III’, dedicada aos "anos de prata"

8/11/16 |
A obra céntrase no período comprendido entre 1916 e 1936. O proxecto, concibido para chegar a un público amplo, completarase previsiblemente con dous volumes máis, ata chegar ás letras actuais

Peña Novo, Risco e Cabanillas, protagonistas dunha nova mesa de debate en Lugo

8/11/16 |
O encontro terá lugar a tarde do xoves 10 de novembro no Pazo de San Marcos. Manuel Roca Cendán, Olivia Rodríguez e Francisco Fernández Rei profundarán nestas tres figuras das Irmandades da Fala. Darío Xohán Cabana actuará como moderador

O Pleno da RAG elixe a Chus Pato académica de número

5/11/16 |
A candidatura da escritora ourensá fora oficializada na anterior xuntanza para ocupar a vacante de Xosé Fernández Ferreiro. Na sesión de hoxe tamén foi elixido académico correspondente Clodio González Pérez

A exposición das Irmandades chega a Lugo no mes do aniversario da I Asemblea Nacionalista

4/11/16 |
A mostra poderá verse ata o 27 de novembro na cidade na que os 'irmáns' celebraron en 1918 a xuntanza na que deixaron atrás o rexionalismo e se definiron como nacionalistas

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar