Contido con Actualidade Novas.

Unha conversa sobre cidades literarias abre a nova tempada de 'Os xoves da rúa Tabernas'

8/09/17 |
A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán retomou o programa cunha conversa co presidente Víctor F. Freixanes e José Manuel González Herrán. Desde a súa creación en 2005, máis dun cento de convidados dialogaron co público sobre temas moi diversos

A Academia e Marineda City colaborarán na difusión da figura e da obra de Emilia Pardo Bazán

7/09/17 |
A institución e o centro comercial asinaron esta mañá un convenio que contempla a celebración dunha velada cultural anual de homenaxe á autora. O acordo recolle tamén o compromiso de Marineda City de avanzar na promoción da lingua galega nas súas actividades e instalacións

A RAG acolle o 11 de setembro unha charla-concerto de homenaxe a Fanny Garrido

7/09/17 |
A musicóloga Laura Touriñán profundará nunha conversa coa xornalista Isabel Bugallal na vida e obra da escritora e o pianista Alejo Amoedo e a soprano Susana de Lorenzo interpretarán os seus poemas galegos musicados por Marcial del Adalid

O galego protagonizará a apertura da Small Cinemas Conference da man de Margarita Ledo

5/09/17 |
A académica exporá a investigación que dirixe sobre a importancia da versión orixinal subtitulada para non silenciar as linguas minorizadas e presentará unha mostra do Novo Cinema Galego

As novas incorporacións á Academia

30/07/17 |
Chus Pato lerá o seu discurso de ingreso como membro de número o 23 de setembro en Ourense. Ao seu nomeamento súmanse o recoñecemento de Marina Mayoral como académica de honra e a incorporación de sete persoas como correspondentes, cinco delas tamén mulleres

"Participar nos Cursos de lingua e cultura galegas cambiou a miña vida"

28/07/17 |
Os Cursos Galego sen fronteiras fan tres décadas dándolle vida ao galego por todo o mundo. Recollemos catro testemuños que son boa mostra de como axudan a proxectar a nosa lingua, e tamén de como marcan a traxectoria, vital e profesional, de quen pasan por eles

Recordando a poeta das Mariñas

27/07/17 |
O camposanto de Moruxo, onde foi enterrada en 1926, acolleu este 26 de xullo un acto en lembranza de Filomena Dato Muruais. A escritora foi académica correspondente desde a fundación da institución

Víctor F. Freixanes escribe o Bando do Día de Galicia de Vigo

27/07/17 |
O presidente da Academia exerceu como pregoeiro na celebración que tivo lugar o día 26 de xullo nos xardíns do Pazo Museo Quiñones de León. Lembrou as catro décadas vencellado a esta "cidade de encontros"

Carlos Casares xa ten o seu libro dos Bolechas

26/07/17 |
O volume adapta para o público máis novo "A rapaza do circo", un dos contos de 'Vento ferido'. É o terceiro da colección "As miñas primeiras Letras Galegas" da popular familia, que xa lles dedicou outros a Eduardo Pondal e Curros Enríquez

"O futuro da lingua constrúese todos os días, tamén convosco"

24/07/17 |
Os Cursos Galego sen fronteiras despiden a trixésima promoción poñendo o acento na contribución á internacionalización do alumnado. Takekazu Asaka, alumno da terceira edición e hoxe embaixador da cultura galega en Xapón, presentou o concerto de repertorio galego a cargo de dúas compatriotas

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar