Contido con Actualidade Novas.

"As obras de Carlos Casares foron unha ponte entre a tradición e a modernidade"

9/03/17 |
Tal día coma hoxe fai 15 anos falecía Carlos Casares. As letras galegas perdían un narrador que soubo chegar coma poucos a un público amplo, e que quixo seguir contemplando todo coa ollada da infancia. Destácao o tamén limiao Antón Riveiro Coello, encargado de abrir a serie "Cuestionario Carlos Casares"

A revista 'La Tribuna' achégase á primeira tradución dunha novela de Pardo Bazán ao xaponés

7/03/17 |
O novo número da publicación da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán foi presentado hoxe na RAG coa participación, por videoconferencia, do tradutor de 'Los pazos de Ulloa', Eizo Ogusu

Ramón Villares, doutor honoris causa pola Université Rennes 2

7/03/17 |
O académico de número recibiu o recoñecemento da institución francesa nun acto solemne no que pronunciou una lección sobre a Betraña na cultura galega

O Arquivo da RAG custodiará as cartas de José Mejuto Bernárdez e Amador Domínguez Pan

3/03/17 |
As misivas escritas desde o cárcere polos dous condenados a morte polo franquismo enriquecen os fondos da institución nun capítulo de especial interese, agradeceu o presidente ás familias doadoras na entrega

Evaristo de Sela, un helenista singular

2/03/17 |
Tal día coma hoxe, o 2 de marzo de 1917, nacía en Sela (Arbo) Evaristo González Fernández, o tradutor ao galego da 'Ilíada' e da 'Odisea'. A idea xermolou nos tempos de mocidade no cárcere franquista, onde se mergullou na aprendizaxe da lingua de Homero

O cupón da ONCE do 9 de marzo lembrará o Pondal no centenario do seu pasamento

1/03/17 |
A Academia acolleu a presentación da iniciativa que porá á venda cinco millóns e medio de cupóns coa imaxe do autor dos versos do Himno galego en todo o territorio do Estado

Tecendo redes cos versos de Rosalía

23/02/17 |
Os poemas da escritora dialogaron coa música de Roi Casal e a lírica de hoxe de cinco poetas na homenaxe que lle rendeu a RAG co gallo do 180 aniversario do seu nacemento. Unha boa mostra de que a autora "sempre está de plena actualidade"

A RAG presenta no CEIP Carlos Casares de Nigrán a web Primavera das Letras 2017

21/02/17 |
A institución celebrou o seu primeiro acto da programación arredor do Día das Letras Galegas en Vilariño, onde viviu desde 1983 e escribiu unha parte importante da súa obra o protagonista do vindeiro 17 de maio

A RAG celebra o aniversario de Rosalía o 22 de febreiro cunha homenaxe literaria e musical

20/02/17 |
Os versos da escritora serán musicados por Roi Casal e recitados por Rosalía F. Rial, Ánxeles Penas e os académicos Marilar Aleixandre, Salvador García-Bodaño e Luz Pozo. O acto é aberto ao público, que poderá retirar previamente os convites na sede da Academia

'Airiños aires, Rosalía' incorpora os retratos da autora que custodia a Academia

17/02/17 |
A exposición da Fundación Rosalía de Castro xunta por primeira vez todas as fotos coñecidas da escritora. As imaxes históricas dialogan coas creadas por Xurxo Lobato, que evocan a súa vida e obra. A mostra poderá verse no Kiosko Alfonso da Coruña ata o 19 de marzo

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar