Contido con Actualidade Novas.

A exposición 'Os mundos de Carlos Casares' bota a andar en Ourense

26/04/17 |
A localidade natal do autor é a primeira parada da mostra organizada pola Fundación Carlos Casares. Poderá verse no Centro Cultural José Ángel Valente ata o 21 de maio

Víctor F. Freixanes deixa a presidencia da Fundación Otero Pedrayo e asume a de honra

26/04/17 |
O padroado da institución que preserva o legado do intelectual ourensán nomeou na mesma xuntanza a Juan Luis Saco Cid novo presidente

Nace a Biblioteca de Mesopotamia, especializada na literatura da Ribeira Sacra

24/04/17 |
O selo editorial, que conta co apoio da RAG, foi presentado o pasado sábado en Monforte de Lemos. ‘Contos de Mesopotamia’, de Ánxel Fole, inaugura a colección impulsada por Chan da Pólvora

A Biblioteca celebra o Día do Libro cunha mostra de títulos históricos de viaxes a Galicia

21/04/17 |
Os volumes que se amosan ata o vindeiro 28 de abril dan conta de viaxes realizadas desde o século XVI. Entre eles, os de frei Martín Sarmiento ou os das anglosaxoas Annette Meakin, Catherine Gasquoine Hartley e Ruth Matilda Anderson

Presentación do Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos

20/04/17 |
Paul Bilbao, secretario xeral do Kontseilua, Pilar García Negro, membro do comité científico do documento, e Marcos Maceira e Xela Armas, presidente e responsable comarcal da Mesa, deron a coñecer o texto á comisión executiva da RAG. Propón 185 medidas para defender uns trinta idiomas europeos

"Casares deixou na cultura galega unha pegada liberal no sentido máis nobre da palabra"

19/04/17 |
O primeiro legado do escritor ourensán é, sen dúbida, o literario. Pero Damián Villalaín, a súa man dereita en Galaxia, salienta tamén, no "Cuestionario Carlos Casares", o seu estilo como intelectual público, baseado nun auténtico respecto da pluralidade

Setenta anos do “Galician Programme” da BBC, a primeira programación radiofónica estable en galego

12/04/17 |
Ás 23.45 horas do 14 de abril de 1947 abríase unha xanela para a difusión da lingua e a cultura galega en pleno franquismo desde a prestixiosa emisora británica. A Academia conserva os guións do espazo emitido desde Londres ata xaneiro de 1956

"O pulo que lle deu á literatura infantil é unha das grandes achegas de Carlos Casares"

6/04/17 |
Montse Pena detense no "Cuestionario Carlos Casares" no papel do escritor en relación co público máis novo. Sobre todo como autor, mais tamén como editor que puxo en marcha novas coleccións para rapaces e rapazas

O dereito a restituír os apelidos galegos

3/04/17 |
A Real Academia Galega recorda que galeguizar non é traducir senón restituír a onomástica galega á súa forma orixinal

O Dicionario incorpora a busca directa de palabras polo feminino

30/03/17 |
A nova utilidade ponse en marcha tras a fase de probas en DicionarioLab, a web aberta á participación colectiva no proceso de actualización do Dicionario. O espazo colaborativo permite experimentar desde hoxe coa procura por categorías gramaticais

Contido con Actualidade Novas.

Non hai resultados.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar