Os Bolechas dedícanlles unha nova colección a protagonistas do Día das Letras Galegas

1/12/16 |
A RAG acolleu a presentación da serie, que empeza cun número dedicado a Pondal e que tamén achegará o público infantil á vida e á obra de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Ánxel Fole e Manuel María. Os irmáns Bolechas recibiron canda Xesús Alonso Montero o alumnado do CRA Boqueixón-Vedra Neira Vilas

A exposición do centenario das Irmandades da Fala, a partir do 2 de decembro en Ferrol

30/11/16 |
‘Saúde e Terra, irmá(n)s!’ será inaugurada este venres ás 19 horas no Centro Cultural Torrente Ballester. A mostra poderá verse neste espazo ata o vindeiro 27 de decembro

Poética e política, paisaxe e escola, no peche do Simposio Manuel María

25/11/16 |
A derradeira xornada do encontro contou con Pilar García Negro, Carlos Quiroga, Antón Lopo, Xosé Lois García e Fina Casalderrey. O documental ‘Eu son fala e terra desta miña terra’ púxolle o ramo ao encontro

O poeta que foi “pedra angular” na creación da música contemporánea

24/11/16 |
O Simposio Manuel María contou na segunda xornada con novas achegas sobre a relación do autor co mundo da canción, a historia no seu teatro, a defensa da normalización lingüística e a contribución á construción dunha educación literaria en galego

A poesía de Manuel María enche a Academia

23/11/16 |
O primeiro día do Simposio Manuel María rematou cun recital con Luz Pozo Garza e outros cinco poetas de varias xeracións. Darío Xohán Cabana, Marta Dacosta, Manuel López Foxo, Rosalía Fernández Rial e Mercedes Queixas abordaron distintos aspectos e momentos da súa produción poética

O Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo premia a Henrique Monteagudo

18/11/16 |
O secretario da RAG recibe o galardón Rosa dos Ventos do centro porteño en recoñecemento ao seu compromiso coa cultura galega e a realidade da Galicia emigrante. A distinción concédea por votación o alumnado de quinto de bacharelato

Tres días para profundar no Manuel María máis polifacético

17/11/16 |
O martes 22 de novembro a RAG inicia o simposio dedicado ao protagonista do Día das Letras Galegas de 2016. O programa abrangue as múltiples facetas do escritor: desde o cultivo dos distintos xéneros literarios ata o activismo cultural e o compromiso político, sempre co eixe común da defensa da lingua

O Dicionario estrea hoxe melloras para un uso máis personalizado e interactivo

16/11/16 |
A colaboración entre a Academia e a Fundación Barrié segue a avanzar na actualización desta ferramenta imprescindible da lingua galega, que recibe unha media de 1.050.000 buscas ao mes. A nova interface facilita a comunicación co Seminario de Lexicografía para aclarar dúbidas e mellorar definicións

O premio Ramón Piñeiro Facer País recoñece os camiños abertos por Margarita Ledo

14/11/16 |
A asociación cultural Val de Láncara entregoulle o galardón á académica e arquiveira-bibliotecaria o pasado sábado en Carracedo. No acto destacouse o carácter pioneiro da xornalista, a primeira directora dun periódico galego

Unha mirada ás Irmandades desde Lugo

11/11/16 |
A RAG celebrou unha nova mesa de debate sobre o traballo dos 'irmáns' na que se repasou a importancia da I Asemblea Nacionalista e o moderno pensamento económico do vilalbés Peña Novo. O programa tamén profundou en Risco e Cabanillas
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar