Siro López profunda na invención do humorismo para a literatura na obra mestra de Cervantes

17/03/17 |
O debuxante presentou na Academia 'Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo', un ambicioso ensaio publicado nos Cadernos Ramón Piñeiro que parte da análise iniciada por Celestino Fernández de la Vega

José Alberte Corral Iglesias doará á RAG os seis mil libros da súa biblioteca persoal

16/03/17 |
Légalle no seu testamento "unha das bibliotecas marxistas máis importantes de Galicia", salienta Xesús Alonso Montero. O escritor destacou na entrega simbólica de varias obras a importancia da RAG "para a toma de conciencia cívica dos galegos"

‘Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos' amplía a colección Clásicos da Academia

14/03/17 |
A RAG e a Fundación Barrié presentan o novo volume, un traballo de Henrique Monteagudo que xunta todos os manuscritos poéticos coñecidos a día de hoxe de Rosalía de Castro

‘Toponimia de Agolada’ abre a unha colección que divulgará a memoria da lingua sobre o territorio

9/03/17 |
Froito dunha colaboración entre a RAG e a AGON, "Terra nomeada" arrinca co apoio da Deputación de Pontevedra. O primeiro número preséntase o venres 10 nos Pendellos de Agolada. Sae tamén do prelo o volume dos relatorios da Xornada de Onomástica

"As obras de Carlos Casares foron unha ponte entre a tradición e a modernidade"

9/03/17 |
Tal día coma hoxe fai 15 anos falecía Carlos Casares. As letras galegas perdían un narrador que soubo chegar coma poucos a un público amplo, e que quixo seguir contemplando todo coa ollada da infancia. Destácao o tamén limiao Antón Riveiro Coello, encargado de abrir a serie "Cuestionario Carlos Casares"

A revista 'La Tribuna' achégase á primeira tradución dunha novela de Pardo Bazán ao xaponés

7/03/17 |
O novo número da publicación da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán foi presentado hoxe na RAG coa participación, por videoconferencia, do tradutor de 'Los pazos de Ulloa', Eizo Ogusu

Ramón Villares, doutor honoris causa pola Université Rennes 2

7/03/17 |
O académico de número recibiu o recoñecemento da institución francesa nun acto solemne no que pronunciou una lección sobre a Betraña na cultura galega

O Arquivo da RAG custodiará as cartas de José Mejuto Bernárdez e Amador Domínguez Pan

3/03/17 |
As misivas escritas desde o cárcere polos dous condenados a morte polo franquismo enriquecen os fondos da institución nun capítulo de especial interese, agradeceu o presidente ás familias doadoras na entrega

Evaristo de Sela, un helenista singular

2/03/17 |
Tal día coma hoxe, o 2 de marzo de 1917, nacía en Sela (Arbo) Evaristo González Fernández, o tradutor ao galego da 'Ilíada' e da 'Odisea'. A idea xermolou nos tempos de mocidade no cárcere franquista, onde se mergullou na aprendizaxe da lingua de Homero

O cupón da ONCE do 9 de marzo lembrará o Pondal no centenario do seu pasamento

1/03/17 |
A Academia acolleu a presentación da iniciativa que porá á venda cinco millóns e medio de cupóns coa imaxe do autor dos versos do Himno galego en todo o territorio do Estado
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 24 de xullo de 2017 / 11:00 h
Clausura dos XXX Cursos de lingua e cultura galegas en Santiago

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar