Primavera das Letras estrea o concurso escolar "Contádenos o voso Día das Letras"

1/05/17 |
Difundirá os traballos dos centros de infantil e primaria que participen no certame e sorteará entre eles lotes de libros. A web ofrece doce actividades interactivas e cinco fichas didácticas arredor da vida e da obra de Carlos Casares

Seis achegas a Carlos Casares en 'Grial'

28/04/17 |
A revista que dirixiu aborda as súas distintas facianas da man de Ricardo Gurriarán, Xosé Ramón Quintana Garrido, Antón Baamonde, Dolores Vilavedra, Grial Parga e Carlos Fernández. O número foi presentado onte na Casa Galega da Cultura

Documentamadrid dedícalle unha retrospectiva ao cinema de Margarita Ledo

28/04/17 |
'A cicatriz branca', 'Santa Liberdade' e 'Liste, pronunciado Líster' poderán verse na Filmoteca Española entre o 9 e o 14 de maio. A organización do festival destaca a "singular aposta autoral" da académica

"A esperanza da lingua reside no encontro entre maiores e novos"

27/04/17 |
O presidente da RAG reivindica a transmisión do idioma no acto central organizado por Afundación co gallo do Día Europeo da Solidariedade Interxeracional. Víctor F. Freixanes e Yolanda Castaño participaron como padriño e madriña da celebración

A exposición 'Os mundos de Carlos Casares' bota a andar en Ourense

26/04/17 |
A localidade natal do autor é a primeira parada da mostra organizada pola Fundación Carlos Casares. Poderá verse no Centro Cultural José Ángel Valente ata o 21 de maio

Víctor F. Freixanes deixa a presidencia da Fundación Otero Pedrayo e asume a de honra

26/04/17 |
O padroado da institución que preserva o legado do intelectual ourensán nomeou na mesma xuntanza a Juan Luis Saco Cid novo presidente

Nace a Biblioteca de Mesopotamia, especializada na literatura da Ribeira Sacra

24/04/17 |
O selo editorial, que conta co apoio da RAG, foi presentado o pasado sábado en Monforte de Lemos. ‘Contos de Mesopotamia’, de Ánxel Fole, inaugura a colección impulsada por Chan da Pólvora

A Biblioteca celebra o Día do Libro cunha mostra de títulos históricos de viaxes a Galicia

21/04/17 |
Os volumes que se amosan ata o vindeiro 28 de abril dan conta de viaxes realizadas desde o século XVI. Entre eles, os de frei Martín Sarmiento ou os das anglosaxoas Annette Meakin, Catherine Gasquoine Hartley e Ruth Matilda Anderson

Presentación do Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos

20/04/17 |
Paul Bilbao, secretario xeral do Kontseilua, Pilar García Negro, membro do comité científico do documento, e Marcos Maceira e Xela Armas, presidente e responsable comarcal da Mesa, deron a coñecer o texto á comisión executiva da RAG. Propón 185 medidas para defender uns trinta idiomas europeos

"Casares deixou na cultura galega unha pegada liberal no sentido máis nobre da palabra"

19/04/17 |
O primeiro legado do escritor ourensán é, sen dúbida, o literario. Pero Damián Villalaín, a súa man dereita en Galaxia, salienta tamén, no "Cuestionario Carlos Casares", o seu estilo como intelectual público, baseado nun auténtico respecto da pluralidade
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 24 de xullo de 2017 / 11:00 h
Clausura dos XXX Cursos de lingua e cultura galegas en Santiago

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar