A II Xornada de onomástica galega abordará os aspectos legais, sociais e lingüísticos dos nomes e dos apelidos

19/09/17 |
O programa desenvolverase o 30 de setembro no Museo de Pontevedra. A entrada é libre. Trataranse desde os procedementos normativos para restituír a onomástica persoal deturpada ata estratexias nesta dirección en ámbitos como o educativo. Unha mesa sobre os nomes na ficción pechará a xornada

Cacabelos celebra o bicentenario de Fernández Morales

17/09/17 |
A localidade onde medrou e aprendeu o galego acolleu a derradeira das tres xornadas do programa arredor da súa vida e obra. Un recital poético e unha actuación musical ante a súa tumba pecharon o programa coorganizado pola RAG

Unha exposición e música contemporánea en Vilafranca para os versos do cantor do Bierzo

16/09/17 |
O Claustro de San Nicolás o Real amosa a mostra 'Antonio Fernández Morales e o galego no Bierzo'. Carmen Penim e Maurizio Polsinelli estrean unha composición baseada no poema “Villafranca i a vendima”

O simposio sobre Fernández Morales amplía a súa biografía e refórzao como precursor do Rexurdimento

15/09/17 |
A correspondencia inédita con Mariano Cubí amosa que xa usaba en 1847 o galego con fin literario. As cartas inclúen tres poemas dos seus 'Ensaios poéticos en dialecto berciano'. Ponferrada acolleu a primeira das tres xornadas co gallo do bicentenario do autor

Presentación de 'Viaxe á illa do Corvo'

15/09/17 |
A edición en galego e portugués da obra de Raul Brandão, un clásico da literatura lusa de viaxes, foi presentada este xoves no Parlamento de Galicia. O académico Xesús Alonso Montero asina o estudo introdutorio do volume, traducido por Xesús Rábade

Versos inéditos de Xohana Torres para a súa despedida

14/09/17 |
A académica traballaba nun libro composto por doce poemas, un por cada mes. Xan Carballa leu un deles no último adeus en Vigo. Engaiolarte publicará nunhas semanas un ensaio inédito da autora e prevé ir completando a Biblioteca Xohana Torres

A Real Academia lamenta o pasamento da académica Xohana Torres

12/09/17 |
A escritora, nada en Santiago de Compostela en 1931, finou esta tarde en Vigo. Xohana Torres era membro de número da Academia desde o ano 2001

Chus Pato ingresa na RAG o 23 de setembro nun acto en Ourense

12/09/17 |
A sesión extraordinaria e pública celebrarase no IES Otero Pedrayo. A poeta lerá o discurso titulado 'Baixo o límite'. Responderá en nome da RAG o académico Francisco Fernández Rei

"Fanny Garrido foi unha muller de carácter pioneiro"

12/09/17 |
A escritora, tradutora e académica correspondente naceu en 1842, catro anos antes do que se cría, explicou a musicóloga Laura Touriñán na charla-concerto dedicada á súa figura. O pianista Alejo Amoedo e a soprano Susana de Lorenzo interpretaron cancións froito da colaboración da autora con Marcial del Adalid

Unhas xornadas no Bierzo recordarán o legado de Fernández Morales no seu bicentenario

11/09/17 |
A Academia, o Instituto de Estudios Bercianos e a Comisión Cultural Martín Sarmiento organizan o encontro do 15 ao 17 de setembro en Ponferrada, Vilafranca do Bierzo e Cacabelos. A RAG promoverá un foro para traballar da man doutras entidades a prol do galego no Bierzo
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 21 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Mércores 22 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Xoves 23 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Sábado 2 de decembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Marina Mayoral como académica de honra da RAG

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar