Marilar Aleixandre ingresa na RAG o 14 de xaneiro nun acto no Paraninfo da USC

5/01/17 |
A escritora, que ocupará a cadeira vacante polo pasamento de Xosé Neira Vilas, lerá o discurso titulado ‘Voces termando da paisaxe galega’. A académica Fina Casalderrey será a encargada de darlle resposta

‘Irmandade’, Palabra do Ano 2016

27/12/16 |
O termo impúxose como favorito cadrando co centenario da fundación das Irmandades da Fala. 'Alburgada' e 'porcoril' foron a segunda e a terceira palabra máis votada nunha lista de seis finalistas na que tamén figuraron 'xenofobia', 'eleccións' e 'populismo'

Comunicado da Academia en relación coa demanda presentada ante o TEDH

23/12/16 |
A Corte europea non admitiu a trámite a demanda presentada pola RAG por unha razón formal. A Institución respecta a decisión, ao tempo que lamenta que non entrase a valorar o fondo. Insta unha vez máis ao Goberno galego a que retorne ao espírito que inspirou a Lei de normalización lingüística

Un percorrido pola narrativa breve e a oral ponlle o ramo ao ciclo das Irmandades da Fala

22/12/16 |
Fina Casalderrey presentou a mesa na que Ramón Nicolás profundou nas obras da antoloxía deste xénero que editará a RAG. Dolores Vilavedra detívose no caso da Colección Lar e Camiño Noia, na escasa recollida que se fixo da narrativa oral

Carlos Brandeiro e Jorge Mira, académicos correspondentes

17/12/16 |
O Pleno da Academia aprobou na sesión de onte as propostas recibidas para outorgar este recoñecemento ao físico e divulgador e ao director do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo

Manuel María e Darío Xohán Cabana recitan xuntos

16/12/16 |
O Portal das Palabras publica por primeira vez un documento sonoro de comezos dos anos setenta no que o protagonista do Día das Letras Galegas de 2016 recita versos propios e do ‘Romanceiro da Terra Chá’ de Darío Xohán Cabana

Irmandade, eleccións, alburgada, porcoril, populismo e xenofobia optan a ser a Palabra do Ano

15/12/16 |
O termo gañador será elixido por decisión popular a través do Portal das Palabras. A votación permanecerá aberta ata o día 22 de decembro

Versos inéditos na mesa sobre a poesía no tempo das Irmandades da Fala

14/12/16 |
Xosé Luís Axeitos presentou dous poemas nunca publicados de Euxenio Montes e Xavier Pardo Bedía como exemplo do atlantismo. Xosé Ramón Pena profundou na creación dunha estética nacional, Chus Nogueira achegou unha mirada crítica á historiografía e Miro Villar reivindicou a figura de López Abente

A poesía e a narrativa pechan o ciclo 'No tempo das Irmandades'

9/12/16 |
Vigo acolle o 13 de decembro a mesa de debate sobre poética con Xosé Ramón Pena, Chus Nogueira, Miro Villar e Xosé Luís Axeitos. A derradeira sesión terá lugar na RAG o día 20 e contará con Ramón Nicolás, Camiño Noia, Dolores Vilavedra e Fina Casalderrey

A exposición das Irmandades da Fala remata en Ferrol o seu percorrido polas principais localidades

2/12/16 |
A mostra do centenario do movemento abriu esta tarde as portas no Centro Cultural Torrente Ballester, onde poderá verse ata o 27 de decembro. A inauguración de 'Saúde e Terra, irmá(n)s!' contou coa actuación do Coro Toxos e Froles
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 22 de febreiro de 2017 / 19:30 h
Homenaxe literaria e musical a Rosalía de Castro

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar