A Casa de Rosalía reabre cun renovado proxecto museográfico

17/07/17 |
A nova exposición incorpora espazos e pezas, entre elas a chisteira e unha cinta funeraria de Murguía e varias fotografías pertencentes aos fondos da Academia

A RAG homenaxea a Luz Pozo Garza o 21 de xullo co gallo do seu 95 aniversario

16/07/17 |
Dez poetas de distintas xeracións recitarán e comentarán poemas da académica. Patricia Rodríguez Rizo e o Cuarteto Cimarrón interpretarán unha adaptación musical a cargo de Gabriel Bussi. O acto, de entrada libre, empezará ás 19:00 horas

A Academia e a Deputación da Coruña poñen en común iniciativas para o futuro da lingua

14/07/17 |
Víctor F. Freixanes, acompañado de Henrique Monteagudo e Marilar Aleixandre, mantivo a primeira xuntanza como presidente da RAG co presidente e a vicepresidenta do ente provincial, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín

Luís Iglesia reflexiona sobre os modelos lingüísticos a través da dobraxe e o traballo actoral

13/07/17 |
"Gústenos ou non, os actores e actrices somos modelos sociais", advirte o actor en materia lingüística, na ficción e na vida real. Dobrador de Harrrison Ford ou Paul Newman e protagonista de series de éxito da TVG, préstalle tamén a súa voz ao Dicionario

Unha sesión de inmersión na tradición musical coa voz de Uxía

11/07/17 |
A artista, acompañada de Sérgio Tannus, achegou aos Cursos Galego sen fronteiras un chisco da historia e do presente da música galega de raíz. O alumnado animouse a cantar nunha charla-concerto que puxo en valor a importancia das mulleres na conservación e modernización deste legado

O presidente da RAG e o vicepresidente da Xunta abordan posibles colaboracións en materia de toponimia

11/07/17 |
Víctor F. Freixanes mantivo esta mañá un encontro con Alfonso Rueda enmarcada na rolda de xuntanzas institucionais que está a manter a nova executiva da institución

Chus Pato retrata o talento da nova xeración poética

10/07/17 |
A académica electa achegou o alumnado dos Cursos de lingua e cultura galegas á creación de oito poetas nados e nadas entre 1980 e 1996. Unha xeración formada en boa medida por “corpos para a caza” pero dun “talento enorme”

O presidente da RAG entrevístase co alcalde da Coruña

6/07/17 |
Xulio Ferreiro recibiu a Víctor F. Freixanes, acompañado por Henrique Monteagudo e Fina Casalderrey, no pazo de María Pita. O responsable da RAG lembrou que o concello coruñés é "parte fundacional" da Academia

O ex-alumno que regresou aos Cursos Galego sen fronteiras cunha novela na nosa lingua

6/07/17 |
Francisco Coimbra, autor de 'Crónica córnica' e profesor da Universidade Federal do Paraná, impartiu a conferencia inaugural dos Cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia. Madrileño de nacemento, en 2010 foi estudante dos cursos que organiza a RAG

Trinta anos compartindo co mundo a lingua e a cultura galegas

3/07/17 |
Os Cursos Galego sen fronteiras danlles a benvida a máis de oitenta alumnas e alumnos de vinte países. "Estou seguro de que marcharedes namorados do país e da lingua", expresa o presidente Víctor F. Freixanes
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar