A poesía de Xohana Torres regresa cunha nova homenaxe á súa avoa

20/10/16 |
'Elexías a Lola' amplía e enriquece con novos versos, tres décadas despois, a que foi unha parte de 'Estacións ao mar'. O volume inclúe un fragmento do discurso de ingreso na RAG da poeta. A editorial Engaiolarte inicia con este libro a Biblioteca Xohana Torres

O I Premio Mondoñedo 10 elixe 'Os libros arden mal' como mellor novela da década

19/10/16 |
O académico Manuel Rivas foi distinguido con este novo galardón, que nace para recoñecer o mellor traballo en ciclos de dez anos noutras tantas modalidades creativas. O xurado considera que é unha obra chamada a ser “unha referencia” na historia da nosa literatura

O ciclo sobre as Irmandades profunda na figura de Antón Villar Ponte no seu Viveiro natal

8/10/16 |
A vila do promotor e figura fundamental das Irmandades foi o escenario dunha nova mesa sobre o movemento no centenario da súa fundación. No encontro tamén se recordaron as achegas dos 'irmáns' Florencio Vaamonde e Xohán Vicente Viqueira

O Centro Cultural Marcos Valcárcel amosa a exposición das Irmandades da Fala en Ourense ata o 30 de outubro

7/10/16 |
'Saúde e Terra irmá(ns)!' foi inaugurada onte á tarde neste espazo, que servirá tamén de escenario, o vindeiro 26 de outubro, para unha nova mesa de debate sobre este movemento centrada na lingua e as ideas lingüísticas

A 'Revista Galega de Ensino' analiza a situación da lingua na etapa infantil

6/10/16 |
A RAG acolleu a presentación do novo número da publicación, que inclúe un traballo do investigador do Seminario de Sociolingüística Xaquín Loredo. A análise apunta que o contexto externo á familia ten cada vez máis peso lingüístico entre as novas xeracións

A académica de honra Nélida Piñón visita a RAG

5/10/16 |
A escritora brasileira de orixe galega foi recibida na rúa Tabernas, 11 pola comisión executiva. No encontro abordouse a posibilidade de establecer colaboracións futuras entre a RAG e a Academia Brasileira de Letras

Viveiro acolle este sábado unha mesa sobre Antón Villar Ponte, Florencio Vaamonde e Xohán Vicente Viqueira

4/10/16 |
O ciclo sobre as Irmandades da Fala chega á localidade do intelectual que concibiu a súa creación. Outros dous viveirenses, Carlos Nuevo Cal e Emilio Ínsua, compartirán debate con Antón Costa e Isabel Seoane

Monforte recorda a Manuel María e a súa "nave espacial" Xistral

1/10/16 |
A pegada do protagonista do Día das Letras Galegas 2016 na localidade, a través dos seus versos, a amizade, a colección Val de Lemos ou a libraría que abriu con Saleta Goy, marcou a homenaxe ao "poeta do encontro"

A Academia edita a primeira serie de antoloxías dedicada ás Irmandades da Fala

29/09/16 |
A prosa de non ficción e o teatro, dous xéneros gañados para o galego polo movemento nado en 1916, abren a colección baixo a edición de Henrique Monteagudo e Laura Tato Fontaíña

Monforte acolle unha homenaxe a Manuel María este sábado, 1 de outubro

28/09/16 |
A Real Academia Galega e o Concello de Monforte organizan un acto literario e musical dedicado ao poeta, que viviu nesta vila durante décadas. Académicos, veciñanza e amizades do poeta participarán no programa, aberto ao público
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar