“O futuro da lingua constrúese todos os días, tamén convosco”

24/07/17 |
Os Cursos Galego sen fronteiras despiden a trixésima promoción poñendo o acento na contribución á internacionalización do alumnado. Takekazu Asaka, alumno da terceira edición e hoxe embaixador da cultura galega en Xapón, presentou o concerto de repertorio galego a cargo de dúas compatriotas

A Academia lamenta o pasamento de Nicandro Ares Vázquez

23/07/17 |
O investigador, académico correspondente desde 2006, foi un autor esencial no relanzamento dos estudos de onomástica galega malia desenvolver o seu labor en solitario

Un pozo de luz para a decana dos poetas no seu aniversario

21/07/17 |
Os versos de Luz Pozo Garza, "poeta do amor con maiúsculas", brillaron na celebración musical e literaria dos seus 95 anos, que ateigou o salón de actos da RAG. A poeta ingresou na institución como correspondente en 1950 e é numeraria desde 1996

Un concerto conmemorativo poralle o ramo o vindeiro luns aos XXX Cursos de lingua e cultura galegas

21/07/17 |
A soprano e a pianista xaponesas Miho Haga e Yukiko Yamagami actuarán na cerimonia de clausura, que terá lugar no Paraninfo da USC o luns 24 de xullo

"O galego permítenos estar no mundo e noutras linguas"

20/07/17 |
Rosalía Fernández Rial fálalle ao alumnado dos Cursos Galego sen fronteiras de como o noso idioma axuda a entender e aprender outros. “Para garantir a supervivencia das linguas minoritarias hai que defendelas desde o plurilingüismo e desde unha actitude positiva”, sostén

Os 'Diálogos con Rosalía'

19/07/17 |
O discurso de ingreso na RAG como numeraria de Luz Pozo, dedicado á escritora fundacional das letras galegas contemporáneas, é o primeiro deste tipo escrito no código da poesía

'Entre un galo e un polbo', unha biografía de Carlos Casares sobre o escenario

18/07/17 |
O actor Avelino González traza unha biografía do escritor ourensán, a través da súa obra para adultos, na que non falta o gusto compartido pola conversa e o humor

A Casa de Rosalía reabre cun renovado proxecto museográfico

17/07/17 |
A nova exposición incorpora espazos e pezas, entre elas a chisteira e unha cinta funeraria de Murguía e varias fotografías pertencentes aos fondos da Academia

A RAG homenaxea a Luz Pozo Garza o 21 de xullo co gallo do seu 95 aniversario

16/07/17 |
Dez poetas de distintas xeracións recitarán e comentarán poemas da académica. Patricia Rodríguez Rizo e o Cuarteto Cimarrón interpretarán unha adaptación musical a cargo de Gabriel Bussi. O acto, de entrada libre, empezará ás 19:00 horas

A Academia e a Deputación da Coruña poñen en común iniciativas para o futuro da lingua

14/07/17 |
Víctor F. Freixanes, acompañado de Henrique Monteagudo e Marilar Aleixandre, mantivo a primeira xuntanza como presidente da RAG co presidente e a vicepresidenta do ente provincial, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar