Xuntanza da comisión executiva da RAG co presidente do Parlamento

O presidente da Real Academia Galega continuou hoxe a súa primeira rolda de entrevistas institucionais de presentación cunha xuntanza co presidente do Parlamento de Galicia. Víctor F. Freixanes reuniuse con Miguel Ángel Santalices Vieira no Pazo do Hórreo nun encontro no que tamén participaron a tesoureira da RAG, Marilar Aleixandre, e o vicesecretario, Andrés Torres Queiruga.

No centro da imaxe, Miguel Ángel Santalices e Víctor F. Freixanes, presidentes do Parlamento e da Real Academia Galega, acompañados polo vicepresidente da RAG, Andrés Torres Queiruga, e a tesoureira da institución, Marilar Aleixandre. Fonte: Parlamento de Galicia


A entrevista do equipo executivo da Academia co presidente da Cámara galega produciuse catro días despois da mantida co presidente da Xunta de Galicia. Víctor F. Freixanes, que preside a RAG desde o pasado 28 de marzo, lembra que quixo reunirse cos representantes das dúas principais institucións do país antes de abrir novas conversas con outras entidades.

O máximo responsable da Academia destaca o ton cordial e a boa sintonía que marcaron a reunión con Miguel Ángel Santalices Vieira, na que se falou "da filosofía e do espírito que nos debe unir arredor do patrimonio fundamental que é a nosa lingua, un activo estratéxico, mesmo a nivel económico, do país". Na xuntanza tamén puxo de manifesto a necesidade de traballar de cara á "confluencia de esforzos e iniciativas" a prol da lingua e da cultura galegas, coas que a RAG mantén un "compromiso innegociable".

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar