Unha ollada sobre o Portal das Palabras

Concibida como un medio para aumentar a difusión do repertorio léxico creado pola Academia, nesta nova analizamos algúns dos servizos que esta páxina ofrece aos seus usuarios.
Rosario Álvarez Blanco
A académica Rosario Álvarez Blanco nun dos vídeos accesibles no Portal das Palabras


Desenvolta conxuntamente coa Fundación Barrié de la Maza, o Portal das Palabras supón un grande avance na capacidade da Academia para aproximar os seus recursos léxicos á sociedade galega de hoxe.

Xogos
Neste apartado o usuario da páxina pode medir e ampliar o seu coñecemento do noso léxico mediante unha serie de ferramentas interactivas que lle permiten verificar en tempo real as súas aptitudes lingüísticas.

Vídeos
Nesta sección ofrécese unha selección de pequenas pezas audiovisuais nas que membros numerarios da Academia e outras figuras da nosa cultura disertan sobre un aspecto lingüístico do seu interese.

Léxico
Dividida en tres categorías -A palabra do día, Mira que din e Setestrelo- este capítulo do Portal das Palabras achega información sobre cuestións lexicográficos de actualidade, hipóteses etimolóxicas e exemplos de uso.

Dicionario
No Portal das Palabras pódese consultar tamén a nova versión en liña do Dicionario da Academia que permite facer buscas avanzadas e de sinónimos así como unha lectura máis directa e simplificada das súas entradas.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar