Unha homenaxe para Filomena Dato Muruais

O presidente da Real Academia Galega recibiu onte pola tarde na rúa Tabernas a representantes da Asociación Irmáns Suárez Picallo e do Concello de Bergondo. Víctor F. Freixanes amosou o interese da institución en participar na súa proposta de homenaxe a Filomena Dato. A escritora, figura destacada da denominada literatura feminista a cabalo entre os séculos XIX e XX, foi nomeada académica correspondente ao seu fundar a RAG, en 1906.

Pola esquerda, Marisa Naveiro, Begoña Calviño, Víctor F. Freixanes, Patricia Vázquez, Rexina Basadre, Francisco Pita e Henrique Monteagudo. Autor: RAG


Filomena Dato gañou en 1887 o certame convocado en Ourense en homenaxe ao padre Feixoo co texto "En defensa das mulleres", recollido catro anos despois en Follatos, libro con corenta e cinco poemas que escribiu integramente en galego. A escritora naceu en Ourense en 1856 e faleceu na Coruña, onde vivira os últimos anos da súa vida, en 1926. Esta "excelsa precursora", en palabras de Antón Villar Ponte, foi soterrada no cemiterio de Moruxo (Bergondo), nunha cerimonia á que acudiron o presidente da RAG, o alcalde da Coruña e outros persoeiros da vida cultural coruñesa daquel momento. O camposanto de Moruxo é tamén, nove décadas despois, o lugar proposto pola Asociación Suárez Picallo para renderlle homenaxe a Filomena Dato.

O acto de recoñecemento á escritora centrou o encontro mantido onte entre o presidente Víctor F. Freixanes e o secretario da RAG, Henrique Monteagudo, co presidente, a vicepresidenta e vicesecretaria da Asociacións Irmáns Suárez Picallo, Francisco Pita, Marisa Naveiro e Rexina Basadre; e as concelleiras de Cultura e Benestar Social de Bergondo, Patricia Vázquez e Begoña Calviño.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar