Unha conversa sobre cidades literarias abre a nova tempada de 'Os xoves da rúa Tabernas'

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o catedrático e académico correspondente José Manuel González Herrán, especialista na obra de Emilia Pardo Bazán, abriron onte a nova tempada do programa Os xoves da rúa Tabernas da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. As cidades literarias, desde a Marineda da escritora coruñesa e a Vetusta de Leopoldo Alas Clarín ata o Macondo de Gabriel García Márquez e a Nova York de John Dos Passos centraron a conversa arredor dunha mesa de café.
Un momento do primeiro faladoiro da nova tempada do programa 'Os xoves da rúa Tabernas'. Autor: RAG


Víctor F. Freixanes quixo participar na apertura da tempada do programa que se desenvolve no que foi o fogar dunha das mulleres galegas que "capitanearon a modernidade a finais do século XIX". Referiuse así á propia Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro e Concepción Arenal, tres figuras "que temos que reivindicar", engadiu.

Desde a súa creación en 2005, Os xoves da rúa Tabernas contaron con máis dun cento de convidados que dialogaron co público sobre temas moi diversos. Escritoras e escritores, nomes do mundo da interpretación, das artes, da socioloxía, a investigación histórica... interveñen, o primeiro xoves de cada mes, nun formato que se inspira nos faladoiros que organizaba Emilia Pardo Bazán na súa casa da Coruña, hoxe sede da súa Casa-Museo e da Real Academia Galega.

No centro da imaxe, pola esquerda, a conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Xulia Santiso; o catedrático e académico correspondente José Manuel González Herrán e o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. Autor: RAG

 

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar