Ramón Villares, doutor honoris causa pola Université Rennes 2

Ramón Villares Paz, membro de número da Real Academia Galega, foi investido hoxe doutor honoris causa pola Université Rennes 2 (Francia). O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela recibiu esta distinción nunha cerimonia solemne na que pronunciou un discurso sobre a Bretaña na cultura galega.

Ramón Villares nun momento da lectura do seu discurso no acto de investidura como doutor honoris causa pola Université Rennes 2.


A institución gala reserva esta distinción para as "personalidades de mérito eminente, que se destaquen nos dominios da ciencia, da educación e da cultura, posuidores dun currículo de gran proxección internacional". A profesora de lingua e literatura española contemporáneas Christine Rivalan-Guégo foi a encargada de pronunciar o discurso de eloxio dirixido ao profesor Villares nunha cerimonia na que recibiu o mesmo recoñecemento Carlo Ginzburg.

Ademais de destacado historiador, Ramón Villares é presidente do Consello da Cultura Galega desde 2006 e foi reitor da USC. Con anterioridade a esta nova distinción, foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Buenos Aires (1992) e Minho (2015).

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar