Os Bos e Xenerosos premian a Ramón Villares

Ramón Villares é un dos persoeiros da cultura galega premiados na última edición dos Premios Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal. O académico recibiu este 14 de maio o galardón na aldea do Couto, en Ponteceso, nunha celebración na que tamén foron recoñecidas as traxectorias da Fundación Barrié, a cantante Uxía Senlle, a escritora Concha Blanco e os humoristas e comunicadores Xosé Touriñán en Marcos Pereiro.

Ramón Villares, no centro da imaxe, posa cos demais premiados, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e demais autoridades que participaron na entrega dos Premios Bos e Xenerosos 2017


O académico numerario, catedrático de Historia da Universidade de Santiago de Compostela -institución da que foi reitor- e presidente do Consello da Cultura Galega, recibiu o premio das mans do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. Este recoñecemento, desta volta na súa terra, chégalle só un par de meses despois de ser investido doutor honoris causa pola Université Rennes 2 (Francia).

A xornada arrincou cunha ofrenda floral no monumento á memoria de Pondal no adro da igrexa de Cospindo. A deste ano foi unha edición especial dos Bos e Xenerosos xa que en 2017 se celebra o centenario do pasamento do bardo bergantiñán. Coa entrega do galardón quedou inaugurada a 35ª edición do Festiletras.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar