O presidente da RAG entrevístase co alcalde da Coruña

O presidente da Real Academia Galega entrevistouse esta mañá co alcalde da Coruña. Víctor F. Freixanes mantivo un encontro con Xulio Ferreiro no pazo de María Pita, sede da RAG ata o seu traslado ao número 11 da rúa Tabernas en 1978. Na xuntanza tamén participaron o secretario da RAG, Henrique Monteagudo, e a arquiveira-bibliotecaria, Fina Casalderrey.

O presidente Víctor F. Freixanes, acompañado do alcalde Xulio Ferreiro, asinando no libro de ouro da cidade da Coruña. Fonte: RAG 


O responsable da Academia asinou no libro de ouro da cidade, en cuxas páxinas lembrou que a corporación muncipal da Coruña foi "parte fundacional" da institución, que tivo como sede entre 1920 e 1978 o pazo de María Pita. No encontro os responsables de ambas as entidades amosaron o seu interese en seguir colaborando en distintas iniciativas.

Víctor F. Freixanes agasallou o rexedor con varias publicacións da RAG, entre elas as antoloxías editadas co gallo do centenario das Irmandades da Fala, fundadas na Coruña en 1906. Pola súa banda, o alcalde entregoulle unha figura da Torre de Hércules de Sargadelos ademais da publicación A Torre de Hércules, a lámpada do mundo, de Ramón Loureiro e Antonio Seijas.


O alcalde Xulio Ferreiro entrégalle ao presidente Víctor F. Freixanes unha figura da Torre de Hércules. Ao fondo, Henrique Monteagudo e Fina Casalderrey. Fonte: RAG
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 14 de decembro de 2017 / 20:00 h
'Eduardo Pondal, poeta na Coruña', conferencia de Manuel Ferreiro

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar