O Portal das Palabras abre o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2017

Por cuarto ano consecutivo, o Portal das Palabras pon en marcha a campaña aberta a toda a cidadanía para escoller a Palabra do Ano. O prazo de presentación de propostas permanecerá aberto desde hoxe, 4 de decembro, e ata o 17 de decembro na seguinte ligazón: http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/. Posteriormente, do 18 ao 26 de decembro, someteranse a votación os termos máis repetidos e máis significativos. O 27 de decembro darase a coñecer o gañador, que será a Palabra do Ano 2017. Nas edicións anteriores foron escollidas irmandade (2016) -coincidindo co centenario das Irmandades da Fala-, refuxiados (2015) e corrupción (2014).


O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a popularización da nosa lingua. O traballo conxunto entre ambas as institucións permitiu tamén levar a cabo as últimas actualizacións do Dicionario da Academia, que fan posible un uso máis personalizado e interactivo, e o desenvolvemento de aplicacións para empregalo desde teléfonos móbiles e tabletas con sistemas iOS e Android.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar