O ex-alumno que regresou aos Cursos Galego sen fronteiras cunha novela na nosa lingua

Francisco Javier Calvo del Olmo (Madrid, 1986), coñecido literariamente como Francisco Coimbra, foi en 2010 estudante do Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras". A experiencia marcouno non só como investigador, senón tamén como escritor: en 2016 foi finalista do Premio Xerais con Crónica córnica, novela coa que colleitou unha boa acollida tanto por parte da crítica como do público. Esta semana volveu ás aulas dos cursos que organiza a RAG, desta volta para impartir a conferencia inaugural da última edición.

Francisco Coimbra impartiu a conferencia inaugural na Facultade de Xeografía e Historia da USC


Francisco Coimbra é na actualidade profesor no Departamento de Linguas Estranxeiras Modernas da Universidade Federal do Paraná, na cidade de Curitiba (Brasil). Na súa intervención ante o alumnado procedente de máis de vinte países abordou as dificultades e os atractivos que atopou na lingua e na cultura galegas. O investigador e novelista salientou que o galego é unha chave que abre un espazo cara á comunicación entre xentes de orixes diversas, alén das meras fronteiras xeográficas de Galicia.

O conferenciante animou ademais o alumnado a tomaren a palabra e implicárense de cheo na experiencia que vivirán ata o vindeiro 24 de xullo cando se clausure a que é a trixésima edición dos Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras".

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 21 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Mércores 22 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Xoves 23 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Sábado 2 de decembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Marina Mayoral como académica de honra da RAG

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar