O Día da Ilustración homenaxea a Álvaro Cebreiro

O IV Día da Ilustración recorda hoxe, 30 de xaneiro, o debuxante Álvaro Cebreiro (A Coruña, 1903-1956). A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración elaborou un vídeo que sintetiza en pouco máis de minuto e medio os trazos máis significativos da obra do artista e a súa importancia. Entre os debuxos do autor que amosa esta peza poden verse os que ilustraron dous libros conservados na Real Academia Galega.
Cuberta ilustrada por Cebreiro (Fonte: RAG)

O Día da Ilustración empezou a conmemorarse en 2014 escollendo como data a do nacemento de Castelao, mestre cuxa influencia é visible na obra de Álvaro Cebreiro. Membro das Irmandades da Fala e asinante, xunto ao poeta Manuel Antonio, do manifesto Máis alá!, o debuxante coruñés empezou a publicar moi novo ilustracións en xornais e revistas, e tamén en obras literarias como Alén de Xaime Quintanilla, ou Axúdate e O Menciñeiro de Charlón e Hermida. As cubertas destas obras teatrais que poden verse no vídeo pertencen a exemplares conservados na Real Academia Galega.

Como recorda esta peza divulgativa, ademais de se inspirar en Castelao, Álvaro Cebreiro bebeu das vangardas europeas e xerou un estilo de seu cunha marcada expresividade.

O vídeo dedicado a Álvaro Cebreiro co gallo do IV Día da Ilustración pode verse nesta ligazón.

A Biblioteca e o Arquivo de Galicia celebran tamén esta efeméride cunha exposición, Cebreiro: o trazo da vangarda. A mostra poderá visitarse ata o próximo 7 de marzo na Cidade da Cultura.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 22 de febreiro de 2017 / 19:30 h
Homenaxe literaria e musical a Rosalía de Castro

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar