Marilar Aleixandre gaña o XI Premio Raíña Lupa coa novela 'A filla do Minotauro'

Marilar Aleixandre é a gañadora do premio Raíña Lupa na súa úndecima edición. A escritora e académica de número fíxose con este galardón  convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña coa novela A filla do minotauro, coa que se converte na primeira muller en ser recoñecida neste certame de literatura infantil e xuvenil. A obra, destaca o xurado, é "unha relectura moi actual da mitoloxía grega cunha gran sensibilidade co patrimonio cultural".

Marilar Aleixandre

A filla do minotauro conta unha historia de aventuras sobre unha organización clandestina creada para salvar obras de arte. A través dela pódense facer "moitos niveis de lectura", expresa o xurado, que destaca a "calidade literaria da obra" premiada nunha convocatoria cun "alto nivel" á que concorreron 48 títulos, case o dobre que o ano pasado.

O premio, ademais da dotación económica, implica publicación desta nova novela de Marilar Aleixandre. O outro texto finalista, arredor do acoso escolar, é Como bágoas de dragón de Andrea Maceiras, cuxa publicación recomenda o xurado.

Nas edicións anteriores gañaron o premio Raíña Lupa Héctor Cajaraville, Xesús Fraga, Marcos Calveiro, Carlos López, Antonio Yáñez, Breogán Riveiro, Xosé A. Neira Cruz, Antonio Reigosa, Mario Pereira e Agustín Fernández Paz.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar