Encontro do presidente da RAG co responsable da Deputación de Lugo

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, reuniuse esta mañá co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, na sede da institución provincial. Con esta xuntanza o responsable da RAG inicia a primeira rolda de encontros cos responsables das deputacións desde que foi elixido presidente da Academia o pasado 28 de marzo.

Darío Campos e Víctor F. Freixanes, no centro da imaxe, acompañados por Henrique Monteagudo e Pilar García Porto. Foto: Deputación de Lugo


Na xuntanza mantida no Pazo de San Marcos entre Víctor F. Freixanes e Darío Campos Conde tamén participaron o secretario da RAG, Henrique Monteagudo, e a deputada de Cultura, Pilar García Porto. Os proxectos da Academia para 2018 e os seus orzamentos do vindeiro ano, nos que a RAG anima á Deputación de Lugo a ampliar a súa colaboración, centraron boa parte da reunión.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar