Documentamadrid dedícalle unha retrospectiva ao cinema de Margarita Ledo

O XIV Festival Internacional de Documentais de Madrid, Documentamadrid, dedicaralle unha retrospectiva ao cinema da académica Margarita Ledo Andión, centrado en "recuperar voces e relatos". "A súa filmografía supón unha singular aposta autoral dentro do noso cinema pola modelaxe continua duns mesmos temas, que van asentándose en busca dunha cada vez maior complexidade formal", salienta a organización do festival, que proxectará tres dos seus filmes como directora entre o 9 e o 14 de maio.
Margarita Ledo.

A Filmoteca Española (Cine Doré) acollerá todas as proxeccións programadas dentro da Retrospectiva Margarita Ledo. A primeira, o martes 9 de maio, será a da cinta A cicatriz branca (2012), ficción construída sobre unha base documental que explora a figura da muller galega exiliada en Arxentina. A exhibición terá lugar a partir das 20:00 horas na sala 2 e completarase cun coloquio coa propia directora.

A súa primeira longametraxe, Santa Liberdade (2004), coa que recuperou a memoria do secuestro do transatlántico Santa María en 1961 para denunciar as ditaduras de Franco e Salazar, proxectarase o mércores 10 de maio, ás 19:30, horas (sala 1) e o domingo 14 de maio, ás 20:00 horas (sala 2). Liste, pronunciado Líster (2007), sobre o líder comunista galego, poderá verse o 13 de maio ás 20:00 horas (sala 2).

A de Margarita Ledo, xunto coa dedicada ao director cambodjano Rithy Panh, é unha das dúas retrospectivas incluídas nesta edición de Documentamadrid.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 21 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Mércores 22 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Xoves 23 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Sábado 2 de decembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Marina Mayoral como académica de honra da RAG

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar