Doazón de Francisco Cerviño

Entre os valiosos documentos doados polo exdeputado e membro correspondente da Academia, áchanse un exemplar da Engádega ás normas para reunificazón do idioma galego, do Seminario de Estudos Galegos, e outro titulado Os Nosos: Méndez Núñez, publicado por Ultreya.
Trisquel vermello de Ultreya.
Detalle da capa do libro Méndez Núñez co triscele vermello emblema dos Ultreya.


En total, son cinco os documentos entregados por Francisco Cerviño á Academia e que están depositados no seu Arquivo e Biblioteca:

-Un monográfico titulado El Conde Santo fundador del Monasterio de Villanueva de Lorenzana, publicado en 1907 polo entón Alcipreste da Catedral de Mondoñedo, Enrique Costas Márquez.

-Unha separata do Anuário do Distrito de Viana do Castelo da man de J. R. dos Santos Junior co seguinte encabezamento: Cantares Vianeses e o Folclore da Galiza, de 1932.

-Unha carta do Padroado Rosalía de Castro asinada por Carlos Baliñas e Fermín Bouza Brey con data do 1 de febreiro de 1971, na que solicitan un donativo para a reforma da Casa Museo da autora de Cantares Gallegos que se pode consultar nesta ligazón.

-Un volume da colección "Os nosos" titulado Méndez Núñez, editado pola asociación xuvenil de signo galeguista Ultreya, e dedicado ao estudo, en ton encomiástico, da figura do célebre almirante vigués que se pode descargar aquí.

-A doazón de Francisco Cerviño complétase cun folleto publicado pola Direizón da Seizón de Filoloxía do Seminario de Estudos Galegos titulado Engádega as normas pra a unificazón do idioma galego, de abril de 1936, que se pode consultar nestoutra ligazón.

Cómpre lembrar, así mesmo, que Francisco Cerviño fixera doazón, en outubro do 2014, dun poema mecanoscrito de Xosé Núñez Búa que fora transcrito e publicado nesta nova.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar