Doazón de Ana Mejuto

A doazón consiste en máis de corenta cartas escritas desde a cadea polo seu avó, o preso republicano José Mejuto Bernárdez.
Olivia Rodríguez, Ana Mejuto, Alonso Montero e Margarita Ledo
A filla de Ana Mejuto, Olivia Rodríguez, Ana Mejuto, Alonso Montero e Margarita Ledo


Logo de lle agradecer á Ana Mejuto a entrega das cartas e dunha cinta tricolor coas cores da bandeira republicana, o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, salientou a calidade da escrita do mecánico de Cangas do Morrazo, José Mejuto: "Eu teño lido moitas cartas deste tipo, pero as que nos entrega hoxe Ana Mejuto son dunha calidade verdadeiramente extraordinaria, se temos en conta o oficio do seu avó, mecánico, e as circunstancias durísimas nas que foron escritas na Illa de San Simón".

Os orixinais das corenta cartas serán entregados á Academia logo da súa publicación en formato libro pola propia Ana Mejuto, quen lle agradeceu especialmente á profesora e membro correspondente da Academia, Olivia Rodríguez, o seu labor como intermediaria entre o legado do seu avó e a Academia.

A continuación transcribimos un fragmento dunha carta de José Mejuto:

Ahora te pido que no llores más, ya me has llorado bastante. Muero con la conciencia tranquila que no le he hecho mal a nadie y que no me he manchado jamás las manos de sangre. Ten fe en el porvenir y sabe esperar, yverás cómo llegará un día en que mi sangre derramada inocentemente como la de millones de españoles servirá para hacer justicia sobre esos cobardes asesinos.

Celda Nº2 da Cárcere de Pontevedra a 2 de maio de 1937

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar