Convenio de colaboración entre a RAG e a Deputación da Coruña

Publicacións, un estudo arredor das competencias e usos lingüísticos na infancia ou os cursos de galego para persoas de fóra de Galicia son algúns dos accións da Real Academia Galega que a Deputación da Coruña apoia a través dun convenio de colaboración que hoxe asinaron o presidente da institución, Víctor F. Freixanes, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei.
Goretti Sanmartín e Víctor F. Freixanes durante a sinatura do convenio. Fonte: Deputación da Coruña


"A Real Academia Galega agradece moi especialmente a colaboración da Deputación da Coruña para o desenvolvemento das súas función e actividades. A colaboración das institucións públicas, neste caso a Deputación Provincial da Coruña, constitúen achegas fundamentais para facer viable e potenciar as actividades dunha corporación histórica que ten a responsabilidade do mantemento, actualización e modernidade da lingua e da cultura de noso. Recollemos a memoria dos devanceiros para proxectala, renovada e vivificada, nas novas xeracións. Con esta filosofía traballamos", sinalou Víctor F. Freixanes tras a sinatura do convenio.

A vicepresidenta da Deputación salientou, pola súa banda, que a través deste acordo a entidade provincial apoia o desenvolvemento de actividades de especial relevancia para a promoción da nosa lingua, "de maneira singular os cursos para persoas estranxeiras, o que supón un elemento de gran relevancia para a difusión da nosa cultura". "Posuírmos persoas embaixadoras entusiastas do galego supón un elemento de internacionalización da nosa lingua que, ao mesmo tempo, beneficia o propio país por xerar orgullo do propio", concluíu Goretti Sanmartín Rei. 
 
A Deputación da Coruña apoia a través deste convenio os Curso de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras" ou o estudo sociolingüístico das competencias e usos lingüísticos na infancia. Ademais, no programa de actividades inclúese a edición dixital de La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e outras publicacións.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar