Casares en Ourense, Ourense en Casares

Ourense, a localidade onde naceu en 1941, foi o escenario da primeira das dúas Xornadas Carlos Casares. Baixo o título Casares en Ourense, Ourense en Casares, o programa organizado pola Fundación Carlos Casares detívose en distintos aspectos da relación do escritor coa súa cidade e a pegada desta na súa obra.

Pola esquerda, Xosé Manuel Salgado, Maribel Outeiriño, Luís González Tosar e Afonso Vázquez Monxardín na mesa redonda


O presidente da Real Academia Galega, que colabora nestes encontros, acompañou o presidente da Fundación Carlos Casares na inauguración do encontro. Tras as palabras de de Víctor F. Freixanes e Xavier Casares, Afonso Vázquez Monxardín moderou unha mesa redonda con achegas da xornalista Maribel Outeiriño, o escritor Luís González Tosar e o investigador Xosé Manuel Salgado. O tamén escritor ourensán Bieito Iglesias pechou o programa coa conferencia "Casares e o pensamento solar".

As Xornadas Carlos Casares continuarán mañá xoves en Vigo, na Casa Galega da Cultura a partir das 17 horas, cunha mirada centrada no labor do autor como editor. A xornalista María Xosé Porteiro moderará unha mesa redonda na que intervirán o director xeral de Xerais, Manuel Bragado, o responsable de produción da Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, e o escritor e tradutor Francisco Xavier Senín. A tarde rematará cunha conferencia do académico Xesús Alonso Montero sobre o pensamento político de Carlos Casares na súa mocidade baixo o título "A etapa marxistizante e guevarista de Carlos Casares (1965-1969)".

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar