Carlos Casares xa ten o seu libro dos Bolechas

Carlos Casares, o protagonista do Día das Letras Galegas de 2017, xa ten o seu título na colección dos Bolechas dedicado aos protagonistas dos 17 de maio. O libriño foi presentado hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, a cidade natal do escritor, nun acto no que participou o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.

O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, intervén na presentación do libro dos Bolechas dedicado a Carloa Casares


A colección "As miñas primeiras Letras Galegas" da popular familia pretende dar a coñecer dun xeito divertido aos cativos e cativas os persoeiros aos que á RAG vén homenaxeando cada 17 de maio desde 1963. O volume dedicado a Carlos Casares é o terceiro desta serie, que arrincou cos protagonizados por Eduardo Podal e Curros Enríquez. Desta volta, Pepe Carreiro realiza unha adaptación para o público infantil dun dos contos de Vento ferido, "A rapaza do circo", que se completa cunha biografía do narrador e un minidicionario con termos da historia.

O novo libriño desta colección, que conta co apoio da Real Academia Galega, foi presentado nun acto no que Víctor F. Freixanes participou xunto ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director comercial de Caixa Rural Galega, José Manuel López Marcos; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a representante da Fundación Carlos Casares, Lara Bacelo; e o editor de Edicións Bolanda, Antonio Couto

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar