Aberto o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2016

O Portal das Palabras acaba de abrir o prazo de presentación de propostas para elixir a Palabra do Ano, unha iniciativa que busca a implicación cidadá para escoller o termo que mellor resuma os últimos doce meses. Ao longo das dúas primeiras semanas de decembro, ata as doce da noite do día 14, recolleranse as suxestións das persoas que se animen a participar a través da ligazón http://portaldaspalabras.gal/palabradoano/.

As máis populares e cun maior peso de significado entrarán posteriormente nunha nova fase de votación na que se decidirá cal é a Palabra do Ano 2016. Na edición de 2015 a palabra escollida foi refuxiados e na de 2014, corrupción.

O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión da nosa lingua. O traballo conxunto entre ambas as dúas institucións permitiu tamén levar a cabo as últimas actualizacións do Dicionario da Academia, que permiten un uso máis personalizado e interactivo, e o desenvolvemento de aplicacións para empregalo desde teléfonos móbiles e tabletas con sistemas iOS e Android.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar