A RAG elixe este sábado o protagonista do Día das Letras Galegas de 2017

O Pleno da Real Academia Galega elixirá este sábado, 9 de xullo, reunido en xuntanza ordinaria, a personalidade literaria á que se lle dedicará o Día das Letras Galegas de 2017. As candidaturas presentadas, de conformidade co Regulamento de Réxime Interno da institución, son as seguintes: Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Nigrán, 2002), Plácido Ramón Castro del Río (Corcubión, 1902 - Cambados, 1967) e Antonio Fernández Morales (Astorga, 1817-1896).

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo, Ricardo Carballo Calero, Carlos Casares, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales


Segundo se recolle no Regulamento de Réxime Interno, na primeira xuntanza despois do Día das Letras Galegas o Plenario da RAG deberá escoller a personalidade literaria a quen se lle dedicará esta conmemoración no vindeiro ano. Así mesmo, saliéntase que esta debe ser "autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe". En calquera caso, deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día.

Os académicos e académicas de número reuniranse este 9 de xullo pola mañá na propia sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña. Ao termo da sesión plenaria, está previsto que o presidente, Xesús Alonso Montero, comunique a que autor se dedicará o Día das Letras Galegas de 2017.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 20 de decembro de 2017 / 19:30 h
Acto literario e musical co gallo do 110 aniversario da estrea do Himno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar