A RAG e a Xunta avanzan en posibles novas colaboracións en materia de toponimia

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, mantiveron hai uns días un encontro no que abordaron a posibilidade de colaborar para impulsar a recuperación e divulgación da toponimia.

Galicia é un país especialmente rico en nomes de lugares. O Nomenclátor recolle 37.308 rexistros de lugares habitados, unha cuarta parte dos de toda España, e no caso dos microtopónimos estímase que os 500.000 recollidos supoñen só un terzo dos que existen. Co propósito de preservar este rico patrimonio inmaterial, Víctor F. Freixanes e Alfonso Rueda abordaron a posibilidade de colaborar para impulsar os traballos de estudo dos topónimos e avaliaron a idea de propoñer que esta colaboración se estenda tamén as deputacións provinciais.

O presidente da Academia ofreceulle ao vicepresidente da Xunta unha visión global dos traballos que desenvolve a institución neste e noutros eidos da lingua e da cultura galegas. O secretario da RAG, Henrique Monteagudo, tamén participou na xuntanza celebrada en San Caetano, que se desenvolveu nun ambiente de boa sintonía e cordialidade.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 19 de xaneiro de 2018 / 19:30 h
Celebración dos 40 anos da revista 'Encrucillada'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 377

Boletín da Real Academia Galega
nº 377

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar