A RAG celebra o Día das Letras Galegas cunha sesión pública en Outeiro de Rei

"Gardo dentro de min toda a fragancia / dos amados rincós da miña infancia / e os recendos que tiña a vella casa". Manuel María Fernández Teixeiro dedicoulles versos coma estes ao fogar de Outeiro de Rei no que naceu o 6 de outubro de 1929 e no que pasou a súa infancia, a Casa de Hortas. Este lugar, esencial na súa vida e na súa obra, e hoxe convertido en Casa-Museo Manuel María, será o escenario no que a Real Academia Galega celebre o vindeiro 17 de maio o Día das Letras Galegas, nunha sesión extraordinaria aberta ao público.
Detalle do conviteDetalle do convite da sesión extraordinaria e pública coa que a RAG celebrará o Día das Letras Galegas de 2016. Fotografía de Manuel María realizada por Xosé Castro e versos do poeta.


Na cerimonia, que se desenvolverá a partir das 12.30 horas, tres membros de número da Academia, Manuel Rivas Barrós, Margarita Ledo Andión e Darío Xohán Cabana, serán os encargados de recordar a traxectoria vital e literaria do escritor. O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, pechará o acto.

Manuel María foi o autor dalgunhas das obras máis populares das letras galegas da segunda metade do século XX e unha persoa cun compromiso coa lingua propia de Galicia inquebrantable desde a súa mocidade. Foi, de feito, o primeiro escritor novo en publicar un libro en galego na Galicia da posguerra, Muiñeiro de brétemas, que creou cando só tiña 19 anos. Iniciaba así unha prolífica traxectoria literaria na que foi sobre todo poeta pero na que tamén cultivou a narrativa, o teatro, o ensaio e a prosa xornalística, ademais de desenvolver un importante labor de activismo e divulgación cultural por toda Galicia que mantivo ata pouco antes de falecer, en setembro de 2004.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar