A escolla de María Victoria Moreno para as Letras Galegas de 2018, un dos temas destacados nas redes sociais

Os usuarios e usuarias de Twitter fixeron da decisión do Pleno da Real Academia Galega de dedicarlle o Día das Letras Galegas a María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 – Pontevedra, 2005) un dos temas destacados a nivel estatal nesta rede social. Durante tres horas, os chíos referidos á escritora o pasado sábado 17 de xuño foron dos máis repetidos (trending topic) en España, segundo a medición realizada por Trendinalia España.
María Victoria moreno (Arquivo familiar)

Só as dúas mensaxes emitidas desde os perfís en Twitter (@AcademiaGalega) e Facebook da Real Academia Galega sobre a elección da autora (un avance e a ampliación coa nova sobre o Pleno) puideron ser vistas por cerca de 60.000 persoas. A estas cifras hai que sumar os importantes fluxos xerados polos contidos xornalísticos que informaron da decisión, así como os chíos de cidadáns e cidadás que manifestaron a súa satisfacción pola homenaxe que se lle renderá á creadora de Anagnórise, un dos grandes éxitos da literatura xuvenil galega.

Tampouco faltaron as mensaxes que, ademais de recordar a súa obra literaria, lembraron con afecto a María Victoria como profesora, a profesión que a trouxo a Galicia en 1963 e que exerceu, despois dunha pequena estadía en Lugo, durante décadas en Pontevedra, a súa cidade de adopción.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar