A entrega dos Premios da Cultura lembra a Xohana Torres

O recordo de Xohana Torres, falecida o pasado mes de setembro, estivo moi presente na entrega dos Premios da Cultura 2017 celebrada este martes na Cidade da Cultura. A escritora e académica foi galardoada a título póstumo canda outras catro creadoras, Berta Álvarez Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía Senlle e Cristina Pato, Óliver Laxe, a Fundación Rosalía de Castro e o proxecto Apego.

A filla de Xohana Torres recolle o Premio da Cultura concedido á escritora a título póstumo. Fonte: Xunta de Galicia


A filla de Xohana Torres, Andrea Ellacuría, recolleu o premio concecido á escritora, lembrada en distintas ocasións ao longo da cerimonia. A académica de número foi distinguida na modalidade de Letras dos galardóns convocados pola Xunta de Galicia para apoiar a excelencia creativa. O xurado decidiu distinguir tamén a Berta Álvarez Cáccamo na modalidade de Artes Plásticas, Uxía Senlle na de Música, Óliver Laxe na de Audiovisual, o proxecto Apego na de Lingua, a Fundación Rosalía de Castro na de Patrimonio Cultural, Cristina Pato na de Proxección Exterior e Mabel Rivera na modalidade de Artes Escénicas. O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, foi o encargado de lle entregar á actriz o seu premio.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 19 de xaneiro de 2018 / 19:30 h
Celebración dos 40 anos da revista 'Encrucillada'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 377

Boletín da Real Academia Galega
nº 377

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar