A Deputación de Lugo e a Academia asinan un convenio de colaboración

A Deputación de Lugo apoiará o labor de estudo e promoción da lingua e da cultura galegas que desenvolve a Real Academia Galega a través dun novo convenio de colaboración asinado onte por ambas as partes. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, agradeceu en nome da institución a sensibilidade da entidade provincial e salientou que existe unha "forte demanda social arredor da lingua", tal e como demostran os usuarios e usuarias do Dicionario.

Pola esquerda, Marilare Aleixandre, Álvaro Santos Ramos e Víctor F. Freixanes


Víctor F. Freixanes e o deputado de Relacións Institucionais da Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, asinaron o convenio, por un importe de 9.000 euros, nun encontro no Pazo de San Marcos no que tamén participou a tesoureira da Academia, Marilar Aleixandre. "A Academia é unha institución con máis de cen anos de historia que ten a responsabilidade legal pola Lei de normalización lingüística de manter actualizada a lingua e en permanente estado de uso e de resposta", salientou Álvaro Santos Ramos. "É, por iso, o noso deber e estamos moi satisfeitos de contribuír ao mantemento das súas actividades como responsable do máximo patrimonio que nos identifica e que é o noso nexo de unión como colectivo ou sociedade, a lingua galega", concluíu.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 21 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Mércores 22 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Xoves 23 de novembro de 2017 / 17:00 h
Simposio Carlos Casares
Sábado 2 de decembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Marina Mayoral como académica de honra da RAG

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar